Visita de estudos do Ciclo de Coidados de Enfermaría

Un dos módulos do ciclo Medio de Coidados auxiliares de enfermaría é o de Técnicas de axuda odontolóxica e estomatolóxica (TAO) que capacita, unha vez adquirida a competencia profesional definida no perfil do Ciclo, para desempeñar as tarefas propias do posto de traballo de Auxiliar bucodental.

 

Sendo esta unha das saídas profesionais menos coñecidas do ciclo, e coa finalidade de darlle relevancia e de achegarse á realidade profesional do módulo de TAO, o alumnado do Ciclo de Coidados de enfermaría realizou, o 8 de abril, unha visita técnica á clínica dental “Centro Galego Estético Dental” que dirixe o doutor Luis Masa en Arzúa. Con este profesional como guía, o alumnado, organizado en pequenos grupos, puido coñecer as instalacións, equipamento e instrumental da clínica, e recibir información complementaria moi valiosa sobre as tarefas do persoal auxiliar no que se refire a procedementos de instrumentación e axuda nas diferentes técnicas de intervencións dentais.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn