Obradoiros MasterPREC no II Foro da Formación e a Empresa

O 24 e 25 de abril celebrouse, no FORUMCARBALLO, o II Foro da Formación e a Empresa organizado polo Concello de Carballo, AXOBER, os IES Monte Neme, Alfredo Brañas, e Isidro Parga Pondal e o Centro EFA Fonteboa coa finalidade de potenciar a formación profesional.

O Foro ofreceu ós xóvenes a posibilidade de recibir información, pero tamén a de expoñer o que están a facer nos respectivos ciclos formativos grazas ós obradoiros, e a de coñecer o que se fai noutras ramas da Formación profesional.

O centro Piñeiral participou cun stand informativo e coa realización dos obradoiros de pastelaría MasterPREC (PREC fai referencia á denominación do ciclo medio de Panadaría, repostaría e confeitaría)

Panadeiro, pasteleiro, reposteiro… son oficios artesáns con moito arraigo na nosa cultura e que precisan de profesionais competentes e innovadores. É por isto que os obradoiros MasterPREC estaban deseñados buscando:

  • Fomentar no alumnado o interese e o gusto pola pastelaría, repostaría e confeitaría: que descubriran que estas profesións son accesibles a calquera que teña inquietude xa que, con un pouco de imaxinación, pódense facer elaboracións sorprendentes.
  • Valorar e coñecer estas profesións.
  • Descubrir as capacidades propias destas actividades: creatividade, capacidade de organización, destrezas manuais, etc.
  • E outro obxectivo, tamén importante, foi disfrutar aprendendo.

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn