Sesión de Traballo sobre drogodependencia en Piñeiral

O alumnado do Ciclo Medio de Coidados auxiliares de enfermaría de Piñeiral xunto coas súas familias participaron nunha sesión de traballo sobre drogodependencia e a súa problemática na xuventude do noso entorno. A actividade estivo dirixida pola traballadora social Natividad Isorna Porto. 

A sesión de traballo forma parte das actividades complementarias deseñadas para o módulo Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao paciente. No terceiro trimestre deste módulo, estúdanse as enfermidades crónicas máis xeneralizadas entre a poboación e, nese grupo, atópase este grave problema de saúde pública que é o consumo de drogas en adolescentes e xente nova, causante dun gran deterioro físico e psíquico e, e non poucos casos, incluso da morte.

O alumnado, coa axuda da traballadora social, analizou os tipos de drogas máis consumidas, as súas variantes e formato, e as alteracións que provoca no organismo. Tamén traballaron os síntomas, os indicios que nos poden levar a sospeitar que alguén é consumidor e as modificacións que este hábito provoca na familia, nas amizades e no entorno en xeral.

O último punto da actividade foi a realización dunha posta en común sobre todo o traballado e a elaboración das correspondentes conclusións.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn