Visita de estudio a GADISA

O día 26 de maio o alumnado do ciclo medio de Comercio e do ciclo superior de Xestión comercial e marketing de Piñeiral visitamos o Complexo Comercial GADISA.

Tivemos o privilexio de que nos fixera un oco, dentro da súa apertada axenda, a Directora Xeral de RRHH da citada Empresa, Dona Clara de Lorenzo, quen nos explicou aspectos a coidar na busca activa de emprego. Tamén mencionou os pasos que segue GADISA no proceso de selección de persoal cando é preciso cubrir un determinado posto de traballo,e que son:

  1. Seleccionar entre os traballadores internos, por se hai algún que cumpre o perfil.
  2. Consultar a base de datos de alumnos/as que fixeron as prácticas ou a FCT -Formación en Centros de Traballo- en GADISA.
  3. No caso de non ter obtido resultados nos pasos anteriores, pasaríase a consultar os currículos recibidos a través de web, correo e outros medios.

Clara tamén fixo fincapé nos seguintes puntos importantes:

  • A correcta presentación do cv
  • A preparación da entrevista de traballo para que o candidato consiga causar a mellor primeira impresión posible
  • A importancia do saber estar e do querer facer indicativos moi importantes da motivación do candidato/a.

Finalizada a exposición, realizamos unha visita explicada ás instalacións e almacén de GADISA.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn