Acto de Clausura do Curso do Centro EFA Piñeiral

O venres 6 de xuño, tivo lugar o Acto de Clausura do curso 2013-14 no Centro de Formación Profesional PIÑEIRAL de Arzúa. 

O acto estivo presidido por D. César Ayude Varela, presidente da Asociación de familias de Piñeiral e foi clausurado por D. José Luis García López, alcalde de Arzúa. Tamén se encontraban presentes D. Gabriel Tirapu Díaz, presidente da Federación EFA Galicia, e algúns alcaldes e representantes dos concellos do entorno do centro: D. Ignacio Codesido Barreiro, alcalde de Touro; D. Mariano Iglesias Castro, alcalde de Mesía; D. Roberto Rey Martínez, alcalde de Frade e D. Santos López Novo, teniente alcalde de Melide.

As primeiras intervencións foron as dos representantes do Centro. Comezou o acto D. César Ayude Varela cunhas palabras de benvida para todos os presentes. A seguinte intervención foi a de Dª Mª Jesús Montero Pardo que, en representación de FUNDESAR, renovou o compromiso de dita Fundación coas institucións EFA’s na procura de recursos e medios para facilitar a formación dos que se achegan a estes centros. Finalmente, Dª Ana Mª Saavedra García, directora do centro, expuxo as valoracións do equipo docente sobre o curso académico a clausurar, e agasallou ó alumnado con un vídeo de fotografías que recollía os momentos máis especiais do curso académico.

A segunda tanda de intervencións estivo composta por representantes do alumnado. A eles correspondeulles resumir as actividades técnicas máis importante do curso, e amenizaron o seu relato con algunhas anécdotas simpáticas, reais como a vida mesma, e que poñían cor ao aprendido. Tamén aproveitaron a ocasión para mostrar o seu agradecemento ás 182 empresas que colaboraron na súa formación ó longo deste ano, ben por aceptalos como alumnado en prácticas, ben por achegarlles a súa experiencia a través de tertulias técnicas e/ou de visitas de estudo.

Na terceira mesa, a primeira intervención foi a da alumna Estela Guerreiro Checa, que, en representación das residentes, fixo unha síntese da experiencia positiva que foi para todas elas convivir sendo tan diferentes, compartir bos momentos e axudarse nas dificultades. Dª Dolores Costoya Blanco, en representación das familias, fixo un resume das actividades e sesións de traballo nas que participou, e agradeceu “o tempo compartido coas familias, antigas alumnas, profesoras… é bonito ver a unión que hai entre todos”. A última intervención foi a de Yolanda Segade Fernández, profesional de FEARMAGA (Federación Empresarial de Aserradores e Rematantes de Madeiras de Galicia) e titora de alumnado en prácticas na súa empresa. Coas súas palabras motivou ó alumnado para sacarlle o mellor proveito ás prácticas en empresa, fundamentais para complementar a formación, pero tamén para darse a coñecer e abrir portas cara á inserción laboral.

Finalizadas as intervencións, pasouse á entrega de diplomas ó alumnado que remataba estudos dos ciclos medios de Comercio, Coidados auxiliares de enfermaría, repostaría e confeitaría e do ciclo superior de Xestión Comercial e Marketing.

Despois da entrega de diplomas, tomou a palabra D. José Luis García López, alcalde de Arzúa. Tras adicar ó alumnado unhas cariñosas palabras e felicitalos, dou por clausurado o curso 2013-14.

Finalizado o Acto académico, toda a comunidade educativa e convidados disfrutaron dun buffet degustación e do festival preparado polo alumnado, no que tamén tiveron cabida os chistes e contos do humorista Lito de Arzúa.
Noraboa a todas e todos.

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn