“Activando o teu futuro” en Piñeiral" 

Baixo o título 'Activando o teu futuro' o alumnado de Piñeiral participou nun obradoiro de búsqueda de emprego, en colaboración coa Oficina de Información Xuvenil do Concello de Arzúa.

Nesta acción formativa o alumnado coñeceu distintas ferramentas que permiten optimizar as habilidades e destrezas persoais para a toma de decisións respecto ao futuro profesional. Tamén se fixo fincapé no uso das redes sociais á hora de buscar traballo, coñeceron os distintos tipos de currículo e carta de presentación e debateron sobre os aspectos que melloran a motivación no proceso de procura de emprego.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn