Voluntariado no Centro de Formación Profesional PIÑEIRAL

O alumnado do Ciclo Superior de Xestión comercial e Márketing está a difundir e promover dúas intensas campañas de voluntariado entre a comunidade educativa do Centro de Formación Profesional Piñeiral.

A primeira actividade, en colaboración con Cruz Roja, ten como obxectivo a recaudación de fondos para axudar na loita contra o virus do Ebola. Coa segunda, promóvese a recollida de alimentos para colaborar coa asociación Cáritas de Arzúa.

Igual que no curso anterior, as campañas están sendo desenvolvidas dende o departamento de inglés e, nos dous casos, o alumnado fixo uso desa lingua ao deseñar o material de difusión e tamén na presentación das campañas ao alumnado do resto dos ciclos. Deste xeito, cada unha das actividades ten un valor engadido: ao do compromiso persoal participando e invitando a outros a facer o mesmo, sumouse o reto de saber pórlle verbas e acento en inglés, de xeito que seguira soando a urxencia e a solidariedade.

Thank you for this double initiative. Thanks for your hard work and contributions by helping. Keep thinking of solidarity clue in English, Galician or using a sign as a common understandable language: I give you my hand because I want help you.

 

 

 

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn