Actividades con colaboradores expertos en Piñeiral

O alumnado do ciclo medio de Panadaría, repostaría e confeitaría do Centro de Formación Profesional Piñeiral participou estes días en dúas actividades impartidas por colaboradores expertos.

Na primeira delas, a profesional de pastelaría creativa Mª José Basanta fixo unha demostración de como deseñar e elaborar galletas inspiradas na temática do 14 de febreiro, e de como decoralas con glasa real e fondant de azucre. Deste xeito, reforzouse unha actividade que xa ven sendo tradicional no centro, a da elaboración dun doce propio desta data, personalizado, que sirve para agasallar e que o alumnado dos últimos anos bautizou cun nome orixinal e propio, as “Valentinas”.

A segunda das actividades consistiu nunha demostración do traballo con margarinas a cargo da Tomás Calderón pasteleiro da empresa Vandemoortele. Dita empresa, de orixe belga, é un grupo alimentario europeo que fabrica e comercializa produtos sobre todo para minoristas e para usuarios profesionais. Esta actividade abriuse a profesionais do entorno interesados tamén en participar e, nela, Tomás Calderón mostrou como traballar con mestría as margarinas no proceso de elaboración de masas complexas como a follada.

As dúas actividades foron unha ocasión boa para achegar centro educativo e realidade profesional, para compartir experiencias e tamén para comentar cos profesionais da pastelaría as necesidades e posibilidades de crecemento deste sector. Unha vez mais, moitas grazas polo tempo invertido e polo interese e dispoñibilidade destes colaboradores.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn