Xullo: Curso intensivo de inglés en Piñeiral

Piñeiral está a organizar un curso intensivo de inglés para aquelas persoas que desexen preparar o exame B1. O curso vai durar todo o mes de xullo, de luns a venres en horario de 10,00 a 13,00 h.

Tamén no mes de xullo, e para estudantes de ESO e BAC, haberá unha actividade de reforzo de conversa.

Nos dous casos, os cursos estarán impartidos por profesorado nativo. Para calquera información, pódese contactar con Piñeiral nos teléfonos 981 500 580 e 667 505 657.

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn