Blog de escaparatismo do Ciclo Medio de Comercio de Piñeiral

O alumnado do Ciclo Medio de Comercio do Centro de Formación Profesional Piñeiral participou nunha actividade de Escaparatismo desenvolvida ao longo de todo o curso escolar e que complementa a súa formación técnica específica. A novidade deste ano foi o deseño, elaboración e mantemento dun blog para a difusión dos traballos realizados.

A idea do blog xurdiu cando xa levaban algúns meses “entre escaparates” En pouco tempo, aula e taller quedaron pequenos para expoñer todos os traballos, polo que comezaron a invadir tamén os corredores do centro. Pero os corredores quedaron tamén pequenos e pensaron noutros mais grandes, mais longos, mais cheos de xente: os que dá un blog aberto ao mundo.

A dirección do blog é entrescaparates.blogspot.com.es (hai un acceso directo nesta páxina de Federación EFAs de Galicia) e esperamos que vos guste e que sexa unha pequena fonte de inspiración para todos aqueles e aquelas que, como nós, estades entre escaparates.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn