No curso 2015-16, comezan dous novos ciclos no Centro de Formación Profesional Piñeiral:

  • Ciclo medio de Actividades de Venda de 2000 horas (que substitúe ao CM de Comercio de 1400 horas que se viña impartindo)
  • Ciclo superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais de 2000 horas (que substitúe ao CS de Xestión comercial e márketing de 1400 horas que se viña impartindo)

Ambos ciclos, da familia de Comercio e márketing, caracterízanse porque as posibilidades de atopar traballo non se limitan a un sector específico e reducido nin a unha actividade exclusiva; polo contrario, capacitan para traballar en calquera empresa de calquera sector que comercialice produtos e/ou servizos. Pero ademais, en Piñeiral, a taxa de emprego aumenta ata o 90% polo sistema pedagóxico propio do Centro, baseado na metodoloxía DUAL. O contacto con 7 empresas durante os dous anos do ciclo convértese en:

  • 7 contactos coa realidade do mundo laboral.
  • 7 ocasións de darse a coñecer nas empresas.
  • 7 oportunidades de atopar emprego.

Ademáis, o curriculo dos novos ciclos está adaptado ás necesidades actuais das empresas capacitando ao alumnado para desempeñar tarefas de deseño, mantemento e posicionamento de contidos na web 2.0, aspectos moi valorados e demandados en calquera grande, mediana e pequena empresa.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn