Alumnado do Ciclo Superior de Piñeiral premiado no concurso “Comercio con talento”.

Catro alumnos do Ciclo Superior da familia de Comercio e Márketing do Centro de Formación Profesional Piñeiral resultaron gañadores no concurso “Comercio con talento”. Este concurso foi promovido pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia coa finalidade de impulsar o emprendemento en materia de comercio entre a xente nova que se está a formar na FP.

Os alumnos premiados, Irene Calvo Rendal, Ana Vázquez Mato, Beatriz Iglesias Sánchez e Damián Teijido Rivas, decidiron presentarse ao concurso defendendo a candidatura do obradoiro artesán da zoqueira Elena Ferro situado en Merza, Vila de Cruces.

A selección deste establecemento como obxectivo do proxecto a realizar partiu dunha premisa: trátase dunha empresa que recolle un “saber facer artesán” e, aportándolle un enfoque actual no deseño e nos novos formatos de venda, convérteo nun produto estrela e desexado.

Parabéns a Elena Ferro pola súa profesionalidade e innovación e ao alumnado premiado.

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn