Desde a FP ata o grao de Enfermaría: Tertulia técnica con Vanesa Liñares

O martes 28 de setembro contamos coa visita de Vanesa Liñares no Centro de Formación Profesional Piñeiral. Vanesa é graduada en Enfermaría pero tamén é antiga alumna do ciclo medio de Coidados auxiliares de enfermaría (CAE).

Cando cursou este ciclo no centro, xa tiña moi claro que o que quería era chegar a ser enfermeira aínda que o camiño elixido non fose o máis dereito e rápido: sacou o ciclo con moi boas notas e preparou ó mesmo tempo a proba de acceso a ciclos superiores; aprobouna e fixo Laboratorio de análise clínico obtendo unha media que lle permitiu o acceso ó grado de Enfermería. Por fin chegou onde quería e cunha equipaxe moi favorecedora para ela: a formación específica dos ciclos realizados.

Na súa visita a Piñeiral, animou ó alumnado de Coidados de enfermaría a ilusionarse cos seus estudos, a prepararse ben para o futuro desempeño da profesión e a non pararse nas dificultades se o que querían era seguir estudando.

Falounos tamén da súa experiencia como enfermeira en distintas especialidades hospitalarias (oncoloxía, psiquiatría, pediatría, etc) do trato co paciente, dos medos e temores que poden chegar a ter, da confidencialide e discreción –tamén entre os membros do equipo de traballo-, do traballo en equipo…

Estivemos dúas horas disfrutando e aprendendo da experiencia de Vanesa, e máis que estaríamos. Esperamos poder contar con ela de novo noutras ocasións e… moitos parabéns campeona!!!.

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn