Pedro García Espasandín en Piñeiral.

Pedro García Espasandín, maestro pasteleiro da pastelería Gascón de Ferrol e autor do libro “Repostería sin azúcar”, impartiu a principios de novembro un curso sobre pastelaría para persoas con necesidades especiais no Centro de Formación Profesional Piñeiral.

O alumnado do ciclo medio de Panadaría, pastelaría e repostaría para quen se deseñou esta actividade, formouse nos coidados que se deben ter na selección de materias primas e na elaboración de produto ricos e vistosos que poidan ser consumidos por diabéticos e persoas con intolerancia á lactosa, gluten, ovo…

Ademais da súa experiencia de 30 anos no mundo da pastelería, Pedro García tamén ten moita experiencia como docente xa que dirixe a Escola Obradoiro Gascón. Pero, sobre todo, é un namorado do seu traballo que disfruta innovando para achegar o mundo da repostaría ós mais novos sen olvidar o valor do tradicional, artesán e ben feito.

 

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn