Nadal solidario en Piñeiral

O voluntariado ten o poder de converternos en mellores persoas ó darnos a oportunidade de compartir e de preocuparnos e ocuparnos das necesidades dos demais. En Piñeiral, estas actividades forman parte do proxecto educativo e teñen continuidade durante todo o curso escolar.

Cando estabamos preparando a campaña de recollida de xoguetes para colaborar con Cáritas, soubemos que desde a Fundación CUME poñían en marcha a campaña “Mochilas de esperanza”: tiñan financiación para facer chegar 1000 Kg. de axuda ós refuxiados na cidade eslovena de Dodova e, pensando nos máis pequenos, solicitaban mochilas con aquilo que os podería facer sorrir: pinturas, libros para colorear e chocolate. Este material había que poñelo nunha mochila que puidera servirlle ós adultos do campo de refuxiados para gardar as súas pertenzas; o obxectivo era conseguir 500 mochilas, polo que cada mochila chea só podería pesar dous kg.

Compartimos esta idea co alumnado e a resposta foi inmediata. Dende aquí queremos agradecer a CUME esta oportunidade de poder facer algo. Moi boa idea!

A recollida de xoguetes, tamén resultou moi ben. Os paxes dos Reis Magos tiveron moito traballo conseguindo os xoguetes concretos que pedía cada neno e envolvéndoos o mellor posible.

Bo e solidario Nadal a toda a comunidade educativa de Piñeiral!

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn