Piñeiral imparte dous obradoiros de pastelaría creativa na Festa do Queixo

O alumnado do ciclo de Repostaría e confeitaría do centro de Formación Profesional Piñeiral, coordinado pola súa profesora Susana Estévez, impartiu dous obradoiros de cociña creativa durante a Festa do Queixo celebrada en Arzúa os días 4, 5 e 6 de marzo. Nos dous casos, as receitas tiñan como elemento principal ó protagonista da festa : o queixo Arzúa-Ulloa

O primeiro dos obradoiros estivo dirixido ós mais pequenos que disfrutaron moito, ataviados cos seus gorros e mandís especiais para o evento, sentíronse como se estivesen a participar no programa MasterChef. A primeira receita foilles moi fácil de elaborar xa que se trataba de trufas de chocolate e queixo; pero na segunda, xa tiveron que poñer en marcha toda a súa destreza e habilidade para modelar con pasta de azucre a figuriña que cada un elixiu de entre os personaxes de Star Wars. Os pequenos quedaron encantados cos seus sorprendentes resultados.

No obradoiro dos maiores, as receitas foron algo máis complexas e elaboraron “Arzumisú” (unha versión do tiramisú feita con queixo de Arzúa e cunha bágoa de chocolate) e tamén “Terrina de mousse de queixo e marmelo con coral de chocolate”

Andrea Lata, Laura López, Rocío Cancela, Tamara Brea, Marta Ferreño e Pablo Parapar foron os alumnos de Repostaría encargados de coordinar as actividades nos obradoiros e de axudar ós participantes. Fixérono con moita profesionalidade e gardan un estupendo recordo porque, ademais, pasárono moi ben.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn