English Study Visit to the Cheese Maker “Queixería Barral”

Business and Marketing students from Professional Training Centre Piñeiral had got a special visit to the Cheese Maker “Queixería Barral”, in Arzúa. It was different because Cristina Rodríguez, Public Relations Manager, explained us everything about the company in English. We are grateful for her great effort.

She told us it was a family business which was founded in 1989 and the company had three areas: Production, Commercialization and Administration&Quality.

Furthermore, she remembered us that Galicia was divided into four regions as for cheese production: Cebreiro Cheese (O Cebreiro), San Simón (Villalba-Lugo), Arzúa Ulloa (Arzúa) and Ulloa (from Ulloa region). However, all Galician producers can manufacture Tetilla Cheese because it is the regional brand.

Cristina talked about the day to day in the cheese maker and the appearance of the cheese in the maturation process, too. Besides, we could see the different shapes and sizes of cheese moulds.
Finally, we were lucky and we could taste Barral Cheese. It was delicious!

 

Visita de estudos en inglés a “Queixería Barral”

O alumnado do ciclo Medio de Actividades comerciais e do ciclo superior de Xestión de vendas e espazos comerciais do Centro de formación profesional Piñeiral tivo unha visita de estudos moi especial á empresa “Queixería Barral” de Arzúa. A visita foi diferente porque Cristina Rodríguez, Responsable de Relacións Públicas, fixo a presentación e descrición da súa empresa en inglés. Agradecémoslle moito o esforzo grande que implicou esta tarefa.

Contounos que é un negocio familiar fundado en 1989 e que están organizados en tres áreas: a de produción, a de comercialización e a de administración e calidade.

Lembrounos as catro rexións de produción de queixo en Galicia: O queixo do Cebreiro (O Cebreiro), San Simón (Vilalba-Lugo), Arzúa Ulloa (Arzúa), e o Ulloa (na Ulloa). E comentou que, sen embargo, tódolos produtores de queixo poden elaborar o queixo de Tetilla porque é a marca rexional.

Cristina tamén nos explicou o día a día na queixería e a evolución do queixo no proceso de maduración, así como os diferentes tamaños de comercialización.

Finalmente, tivemos a sorte de probar o queixo Barral. Estaba ben rico!

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn