Piñeiral de visita técnica en INDITEX e C&A

O 12 de abril o alumnado dos ciclos de Actividades Comerciais e de Xestión de vendas e espazos comerciais tivo a oportunidade de coñecer na sede de INDITEX en Arteixo o modelo de negocio desta empresa baseado na innovación, na flexibilidade e na súa forma de entender a moda: creatividade e deseño de calidade unidos a dar unha resposta moi rápida ás demandas do mercado.

Un longo percorrido por distintas instalacións da empresa permitiulles coñecer as áreas de deseño, fabricación, loxística e distribución. Descubriron, nas tendas piloto, todo o traballo previo que hai antes de abrir cada día os diferentes puntos de venda, nos 88 países nos que están presentes, para conseguir unha imaxe única a través da que comunicarse cos clientes.

Tamén visitaron C&A da man de Juan Carlos Rodríguez, Store Manager desta empresa do Centro Comercial Marineda. Juan Carlos comentou ó alumnado aspectos da organización e xestión do punto de venda, así como a distintas estratexias levadas a cabo pola empresa.

Tamén destacou cal é ,dende o seu punto de vista, o papel do vendedor hoxe en día e cales son os aspectos mais importantes que todo profesional da venda debe ter en conta. Animou ó alumnado a formarse ben, como un pilar para o éxito no futuro, e incidiu nas aptitudes e actitudes que valoran as empresas do sector comercial á hora de seleccionar persoal.

Foron dúas visitas que, sen dúbida, non esquecerán.

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn