Piñeiral enche de primavera os escaparates

O escaparate é o principal reclamo dun establecemento comercial e formarse para poder sacarlle o maior partido é un dos obxectivos do Ciclo medio de Actividades Comerciais que se imparte no Centro de Formación Profesional Piñeiral.

En Piñeiral, téntase que o contacto coa realidade sexa continuo –grazas á colaboración solidaria e imprescindible do entorno- xa que é a mellor forma de favorecer a aprendizaxe e a madurez do alumnado. Por iso, e como novidade deste curso, o alumnado está a deseñar e realizar escaparates para establecementos reais.

O alumnado de Actividades comerciais está moi orgulloso dos escaparates de primavera que xa puido expoñer en Zocos, zapatería e tenda de deportes de Arca, e na perfumería Chorima de Arzúa. E segue a traballar en novos proxectos que poñen a proba a súa creatividade e profesionalidade.

Os traballos realizados pódense ver tamén no blog entrescaparates.blogspot.com.es

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn