A EFA Piñeiral clausura os Obradoiros Formativos de Inclusión Social.

O pasado mércores 30 de novembro clausuráronse na EFA Piñeiral os obradoiros que se estaban a desenvolver dentro do programa de inclusión da Dirección Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia.

As acción formativas desenvolvéronse nos meses de outubro e novembro cunha duración total de 270 horas abordando as temáticas de atención sociosanitaria e atención ó cliente.

Un total de 32 mulleres desempregadas das comarcas de Arzúa, Melide e Ordes foron as beneficiarias desta acción formativa.

A satisfacción tanto por parte das participantes como do profesorado e organización é moi alta, de tal xeito que a Federación Efa Galicia vai facilitar a realización de prácticas laborais non profesionais a tódalas alumnas dos obradoiros que así o requiran “Cómpre complementar este tipo de formación co paso polas empresas para que o aproveitamento da aprendizaxe sexa o máis satisfactorio posible”, apuntan dende a Federación.

Un café, nas dependencias da Efa Piñeiral, no que se valoraron as experiencias persoais de cada participante así como as expectativas laborais das mesmas puxo fin á impartición do módulo teórico.

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn