A EFA Piñeiral e EFA Fonteboa acaban de conseguir a homologación por parte da Xunta de Galicia para a impartición das competencias claves de Nivel II

Dende agora, a EFA Piñeiral e EFA Fonteboa poderán impartir os coñecementos vinculados ás Competencias nas materias de: Matemáticas, Lingua Galega, Lingua castelá e Lingua Inglesa.

Piñeiral e Fonteboa poderá non só impartir senon tamén examinar das competencias no seus centros situados en Arzúa e Coristanco.


Competencias clave

As competencias clave son indispensables para as persoas que sin título da ESO- ESA queren poder acceder a un certificado de Profesionalidade.

As competencias clave comprenden un conxunto de contidos xerais de formación básica en diferentes áreas de coñecemento cuxa superación asegurará que o alumnado ten os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as acción formativas correspondentes ós novos certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2.


Certificado de profesionalidade

Na Efa Piñeiral véñense xa impartindo, cun alto grado de inserción laboral, os certificados de profesionalidade en;

  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en domicilio
  • Actividades da venda

En Piñeiral celebrarase en breve unha nova convocatoria do certificado de profesionalidade en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Todos aqueles interesados poden xa solicitar información no propio centro ou telefónicamente no 981.500.580.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn