No marco de programa “MULLERES CON PROXECTO” que desenvolve a Federación EFA Galicia apoiada pola Secretaría Xeral da Igualdade, nace  ASER (Asociación de Empresarias Rurais) que se constitue  coa finalidade  da “Promoción e o desenvolvemento da empresaria do rural e do seu territorio”.
Entre os seus obxectivos está:

Atender as necesidades de formación e capacitación das súas socias,
Promover a cooperación Inter-empresarial e o intercambio de información e experiencias, fomentando a participación  das empresarias rurais, facéndose asi  máis visibles e poder servir de referente a outras mulleres

Para o cumprimento destas finalidades,  ASER pon en marcha unha serie de actuacións con metodoloxías diferentes, para fomentar o dinamismo e o interese das mesmas:

Un dos grupos de traballo que está a funcionar sobre a xestión das empresas, elaborou unhas conclusións en relación ás  problemáticas coas que se encontran as súas empresas relativas á xerencia e á dirección.

Para dar resposta a  moitas destas inquedanzas, o xoves,  7 de abril, celebrouse unha actividade,  na que se abordaron estas  problemáticas e estudiaronse diversas opcions de cara a mellora desta función, xerencia e dirección, tan esenciais e o mesmo tempo tan pouco considerada nas pequenas empresas do entorno rural, posiblemente por falta de tempo, de medios e de formación.

Para o desenvolvemento desta xornada, contamos coa presencia de Manuel Diaz Aledo, economista,  enxeñeiro industrial e asesor de moitas empresas, que partindo de experiencias reais da súa vida profesional, analizou as conclusións as que chegou o grupo de traballo e dou unha serie de pautas sobre todo para a planificación e organización do tempo das persoas  que dirixen as pequenas empresas.

O evento tivo lugar en Melide, na sede de ASETEM  (Asociación de Empresarios de Melide) que tuvo a ben ceder as súas instalacions para este acto, que ainda que dirixido as empresarias rurais, sera aberto a participación de toda persoa interesada.

Participaron na actividade o redor de 40 persoas a maioría delas mulleres empresarias do entorno rural.

Contamos tamén coa presencia durante todo o acto da Alcaldesa de Melide.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn