O equipo técnico de A FEDERACIÓN EFA GALICIA que está a desenvolver o   programa  MULLERES  CON PROXECTO, dinamiza a sesión de traballo que a xunta directiva de ASER realiza para facer a programación de actuacións para o primeiro semestre de 2011

Os resultados acadados foron:

Cada membro da xunta directiva, difundirá os obxectivos da asociación e as actividades a desenvolver no seu territorio (comarcas de Arzúa – Terra de Melide – Ordes – Bergantiños – Soneira  – Deza – Terra de Montes – Condado e Paradanta).

Organización dunha xornada de traballo para abordar o tema: “XERENCIA E DIRECCIÓN”  –  en Melide

Organización dunha viaxe a Euskadí co obxectivo de intercambiar experiencias e traballar con distintas asociacións de Alava e Vizcaia para a constitución dunha rede.

Organización dunha video – conferencia con emprendedoras vascas establecer o plan de traballo da viaxe técnica e intercambiar experiencias.

Participación no grupo de traballo ANATOLE  (programa Interreg) sobre economía de proximidade.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn