A Federación de EFA de Galicia participou no encontro do proxecto Lenoardo Strat Training en Dinamarca nunha sesións de formación en metodoloxías de asesoramento.

Durante os días 17 ó 21 de Marzo do 2014 os socios do proxecto intercambiaron experiencias de asesoramento a PEMES e compartiron as ferramentas que se van experimentar durante a duración do proxecto.

O proxecto STRAT TRAINING comenzou no ano 2014 coa participación de institucións de formación, investigación e desenvolvemento de España, Francia, Grecia, Dinamarca e Reino Unido. Ten como obxecto a elaboración de ferramentas eficaces, eficientes e contrastadas, para o apoio a xestión estratéxica das PEMEs do medio rural.

D. Jorge Palacios Estremera, profesor da Escola Politécnica Superior da Universidad de Santiago de Compostela participou na sesión de clausura do proxecto LEONARDO STRAT Trainig que tivo lugar os días 6 e 7 de Xullo do 2015 na sede central das Cámaras de Agricultura de Francia en París. La participación consistiu en expoñer frente o auditorio, a colaboración entre a Federación EFA Galicia, e o grupo de investigación PROePLA no debandito proxecto. Esta colaboración consitste na:

1.- Elaboración, en inglés e castelán, dunha guía pedagóxica coas ferramentas para a formación estratéxica, desenvoltas polo proxecto STRAT Training.

2.- Preparación dun curso básico para a formación complementaria ds alumnos de iEnxeñería Agrícola e Forestal.

 

 

 

 

 

 



Fdo.: Manuel Marey Pérez.

 Ao longo de tres días, do 3 ao 6 de marzo, Halow acolleu o encontro do proxecto Start Training que reúne a entidades vinculadas o aconsellamento e formación agraria de diferentes países, entre eles, España, Francia, Dinamarca, Suiza, Reino Unido ou Italia. Non falta tampouco a presenza galega con representantes da Federación EFA Galicia, Rosa Leis e Constante Lorenzo.

Durante o encontro cada socio presentou unha serie de ponencias que abordaban a situación do asesoramento estratexico nas PEMEs do rural en Europa e a súa proxección de futuro.

 

 

Nesta iniciativa participan socios de Dinamarca, Francia, Reino Unido, Suiza e Grecia.

Os formadores Constante Lorenzo e David Colunga viaxarón a Creta para reunirse cos socios europeos do proxecto Strat Training do 3 ó7 de Novembro co obxectivo de presentar os traballos realizados durante o proxecto baseados nos novos modelos de asesoramento estratéxico e o papel do asesor agrogandeiro.

No transcurso da semán cada socio participante realizou unha ponencia das accións feitas en cada pais e programáronse as futuras actividades dentro do proxecto.

 

O 17 de decembro, o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa de Coristanco (A Coruña) celebrou a VI Xornada de Xestión, que este ano centrouse na optimización do capital humano nas explotacións leiteiras.

Interviu Constante Lorenzo (Proxecto Leonardo Strat Training) dando a coñecer os obxectivos do proxecto europeo así como os novos retos no asesoramento, a posicionamento do asesor e diferentes metolodoloxías aplicadas ó aconsellamento.

Tamén participaron en dita xornada , Javier Fraga (SAT Niveiro de Val do Dubra), Nely Rey (Identia Coaching&Formación), José Luís Míguez (Seragro), Rafael García (Feiraco), Alonso Iglesias (Gandería Iglesias da Baña) e Juan José Freire (CAP Granxa O Cancelo).

30 mozos de sete concellos da provincia de A Coruña rematan a formación profesional no Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa. Todos os rapaces van ter traballo na súa especialidade, que é a xestión de explotacións agrarias. 

O acto de clausura do curso en Fonteboa incluíu o recoñecemento ao traballo realizado durante o presente curso dentro do proxecto Strat Training a prol dun modelo de asesoramento innovador, eficiente e de coproducción entre o gandeiro e o asesor.

O presidente da asociación EFA Fonteboa, Xoan Camafreita, destacou na súa intervención a importancia da formación como elemento para mellorar a competitividade, sobre todo en momentos de crise do sector.

A Escola de Formación Agraria Fonteboa, de Coristanco, realizou o 22 e 23 de Xuño unhas xornadas sobre “Sostenibilidade ambiental: Eficiencia enerxética e a conservación do solo” 

No programa da xornada estivo presente o proxecto Start Training a través dunha ponencia impartida por Constante Lorenzo sobor a estratexía na compra de maquinaria, cun obxectivo de definir o papel do asesor e do agricultor na toma de decisións nas compras das explotacións.