Profesores de Fonteboa en Munich
Acompañados por un técnico da Xunta, participan nun encontro do proxecto New Advisers.
Constante Lorenzo e David Colunga, participaron os días 27, 28 de Febreiro e 1 de Marzo en Munich, no III Encontro Transnacional do Proxecto New Advisers (Novos Asesores), iniciativa da Federación EFA de Galicia no marco de Programa europeo Leonardo da Vinci, que se desenvolve conxuntamente con socios de Francia, Portugal, Irlanda, Alemaña, Eslovenia, Hungría e Suecia.
Este proxecto ten como obxectivo principal mellorar as competencias dos asesores agrícolas para implementar a nova normativa SUD (Directiva de Uso Sostible) que entrou en vigor en Xaneiro do 2013.
A Delegación de Fonteboa, estivo acompañada po Ramón Lamelo Otero, Xefe da Area Sanidade Vexetal da Xunta de Galicia, que ven a colaborar intensamente co proxecto para a súa difusión e implementación en diversos territorios da Comunidade Autónoma.
Cada delegación presentou os avances nas distintas actividades levadas a cabo nos territorios respectivos, e disertaron sobre, habilidades sociais e comunicativas dos asesores, ferramentas para mellorar o asesoramento, necesidades dos asesores actuais para ser máis eficientes e novas competencias (saúde humana, seguridade alimentaria, medio ambiente) dos asesores.
Ademáis houbo diversas conferencias sobre a implementación da SUD a través dos PAN (Plans de Accións Nacionais) en diferentes países, coidado dos acuíferos e da rede de asesores europeos CRECA.
As delegacións de cada pais quedaron emprazadas para o IV encontro que se celebrará en Hungría. Será a última xuntanza regular dos socios e abordaranse entre outros, a transferencia das ferramentas usadas polo asesores de Francia e Alemaña, asunto de especial interese para as entidades de aconsellamento dependentes da Consellería de Medio Rural.
Para máis información do proxecto pódese consultar no sitio web:
http://www.endure-network.eu/about_endure/all_the_news/new_advisers_refreshes_advice