ESA (ensinanza para adultos)

Dirixido a persoas adultas coa finalidade de facilitarlles a adquisición das competencias básicas e a formación necesaria para obter o título de graduado en ESO.

Este ensino está organizado en tres ámbitos. Cada ámbito consta de catro módulos de contidos. 

  • Ámbito científico-tecnolóxico

Céntrase nas materias de matemáticas, ciencias da natureza, tecnoloxías e os aspectos relacionados coa saúde. 

  • Ámbito de comunicación 

Ten como referente as materias de lingua galega, lingua castelán e literatura;e primeira lingua estranxeira. 

  • Ámbito social 

As materias son: ciencias sociais, xeografía e historia, educación para a cidadanía e os aspectos preceptivos correspondentes ás materias de educación plástica, visual e música.

Modalidade: Presencial, cuadrimestral.

Horario: De 18:00 a 22:00 h. De luns a xoves.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn