|
Dentro das accións de difusión dos resultados do programa COOPERA que a Federación EFA Galicia desenvolve en colaboración e coa financiación da OBRA SOCIAL LA CAIXA, celebrouse unha xornada no Centro PIÑEIRAL de ARZÚA.
Participaron na sesión: familias, formadores/as, mozas e mozos e persoal técnico de asociacións que traballan coa xuventude do rural.
O programa da actividade consisteu en duas partes:
Exposición do obxectivo do proxecto e os resultados acadados:
Obxectivo: Fomentar a cooperación entre os distintos axentes que participan na formación en valores dos mozos e mozas do rural.
Resultados acadados: A creación e consolidación de grupos de traballo no que participan (familias, equipos docentes dos centros educativos, técnicos/as locais, ...) que traballan coa xuventude Elaboración dos traballos de exploración – descubrimento – diagnóstico do territorio por cada un dos grupos sobre os valores tradicionais e actuais da xuventude rural Programación de accións – actividades de formación en valores en cada un dos grupos.
Sesión de traballo en grupo sobre o tema “AS DROGAS”
Valores a desenvolver dende a familia, centros educativos, asociacións e amizades par prevenir e axudar a xuventude rural
Entre as conclusións a destacar podemos enumerar que para previr as situacións de drogodependencia os valores a desenvolver son: Favorecer a comunicación na familia, pais e nais co equipo docente dos centros. Aumentar a información e a formación dos mozos e mozas e dos pais e nais en temas relacionados coa drogodependencia. Deixarse axudar por institucións que saben tratar estas problemáticas. A solidaridade, dar o noso tempo para acompañar e apoiar a estas persoas e o traballo que fan nas institucións. Implicación dende a familia en todos os proxectos, actividades e problemáticas dos fillos e fillas. Fomentar a sinceridade tanto na familia como no entorno. A conclusión xeral poderiase resumir COMUNICACIÓN E COLABORACIÓN entre os axentes que participan na formación de xuventude
|