fonteboa

FORMACION – ANIMACION – ENTREPRENEURSHIP PARA EL MEDIO RURAL

 
.
Buscar
INICIO
A ASOCIACIÓN
FONTEBOA
FORMACIÓN REGRADA
SERVIZOS
EMPRESAS COLABORADORAS
 

 

Dende 1975, ano de inicio da actividade do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, o Proxecto Educativo do Centro, coas lóxicas adaptacións á lexislación educativa do momento, sigue baseado nos principios institucionais que constitúen a súa razón de ser:

- Un sistema educativo de Alternancia Educativa.
- Unha responsabilidade participativa das familias no proceso educativo e de desenvolvemento local.
- Un sistema organizativo de pequenos grupos para as accións de formación.

As EFA xurden en España a finais dos anos 60, momentos de desenvolvemento industrial no pais e de emigración cara as cidades coa conseguinte despoboación do medio rural. Neses anos os habitantes do rural víanse impelido a emigrar ou a quedar relegados nunhas condición de vida pouco alentadoras. É neste contexto no cal San josemaría Escriva, que anos anos atrás, en 1928, fundara o Opus Dei, suxire a algunhas persoas a posta en marcha dalgunha iniciativa de formación que axudara a mellorar as condicións de vida das persoas do medio rural. Despois de analizar varias iniciativas os promotores das EFA optan polo modelo das Maisóns Familiales Rurales que dende 1937 viña funcionando en Francia.

Das Maisons Familiales Rurales toman as EFA os seus principios pedagóxicos que caracterizan a singularidade do seu proxecto educativo e a súa vocación dinamizadora do medio rural, pois nas EFA fórmanse ós xóvenes para que queden no seu propio medio e o mesmo tempo sexan actores de desenvolvemento do mesmo.

A primeira EFA empeza na provincia de Sevilla en 1967 e despois vanse poñendo en marcha outras en diferentes rexións españolas en colaboración con diversas institucións de carácter social (Obras Sociales de las Cajas de Ahorros) e có apoio de diversas institucións públicas con competencias nos ámbitos agrarios e rurais (Mº de Agricultura, Deputacións, etc.)

En Galicia as EFA inician a súa actividade nos primeiros anos da década dos setenta co apoio da Obra Social de Caja de Ahorros de Galicia e da Deputación Provincial de A Coruña.

A Efa Fonteboa comenza a súa actividade no curso 1975-76, nuhnas instalacións precarias e provisionais no lugar de San Roque (Coristanco), impartindo Formación Profesional Agraria de 1º grado, na especialidade de “Explotacións Agropecuarias”, dentro do marco de Lei Xeral de Educación de 1970. Cinco anos máis tarde a actividade trasládase a actual sede na Feira Nova, parroquia de San Paio (Coristanco).

No curso 1988 89 amplíase a formación introducindo Formación Profesional de 2º grado na rama Agraria, especialidade de “Administración e Xestión de Empresas Agrarias”, có que se completaba a formación dos xóvenes asegurando unha formación xeral o mesmo tempo específica para propiciar a súa inserción profesional (na explotación familiar ou nos sectores agroalimentario, comercial, de servizos, etc) con garantías de éxito polo itinerario de formación seguido.

Actualmente, en consonancia có establecido pola LOXSE, en ensinanza regrada cúrsanse o 2º Ciclo da ESO e o Ciclo Formativo de Grado Medio “Xestión de Explotacións Agrarias”; ámbolos dous niveis de formación estructúranse nun proxecto educativo específico en cun desenvolvemento curricular das materias orientado á aprendizaxe significativa e constructiva, aberto o entorno e a orientación profesional dos alumnos para a súa posterior inserción profesional no medio rural.
Nembargantes a labor educativa e de promoción do Centro non se esgota nas ensinanzas regradas, pois polo seu carácter de Centro Integrado de Formación Profesional tamén se contemplan a formación continua e ocupacional, en colaboración con diversos organismos e institucións (Consellería de Servicios Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, Deputación Provincial de A Coruña, etc) ou dentro de Programas de Iniciativa Comunitaria, como é actualmente o Programa Interreg e o Programa Rurbanet.

Por outra banda hai que considerar que as actividades do Centro non se entenden sen a súa integración no marco xeral da Asociación EFA Fonteboa constituída en 1.981 e que entre os seus fins explícita impulsar o funcionamento do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa para contribuír á promoción profesional, cultural e social do medio rural a través da formación das persoas, pois a educación é premisa do desenvolvemento económico e social, e a Asociación promove o desenvolvemento facilitando a educación.

Forman parte da Asociación tódolos pais de alumnos de ESO e FP, así como os antigos alumnos e os profesionais do entorno do Centro que o desexen, que a súa vez participan en diversos programas de formación continua.

A Asociación EFA Fonteboa está integrada na Federación de EFA de Galicia que asume a xestión e representación do Centro Educativo ante a Consellería de Educación e Orientación Universitaria e outras instancias da Administración.

Pola súa banda a Federación EFA de Galicia forma parte de UNEFA (Unión de Escuelas Familiares Agrarias de España) que como entidade asociativa celebra tódolos anos a súa asemblea anual, que en novembro de 2004 tivo lugar en no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.

A súa vez, UNEFA está asociada á Asociation Internationale de Maisons Familiales Rurales, entidade que aglutina ós máis de 1.200 centros que incorporan no seu sistema pedagóxico os principios da pedagoxía da Alternancia, o protagonismo educativo das familias e a animación e o desenvolvemento do medio rural. Na Asemblea de 2005, celebrada en Iguazú (Arxentina) participaron algunhas persoas da Federacón de EFA de Galicia, xunto con representacións de 20 países.


O CENTRO EDUCATIVO

Os principios que animan o proxecto educativo e que constitúen o elemento diferenciador do estilo educativo de Fonteboa son os seguintes:
-O sistema pedagóxico da Alternancia (en Formación Profesional)
-O protagonismo educativo dos pais
-A participación das empresas do entorno
-A atención personalizada e a orientación individual de cada alumno

A ALTERNANCIA EDUCATIVA

A aplicación da Alternancia Educativa en Formación Profesional supón un radical cambio de perspectiva respecto ó sistema educativo convencional. A continuación explicamos someramente os aspectos máis salientables:

A función do profesor non é transmitir coñecementos senón ensinar a aprender; propiciar situacións de aprendizaxe constructivo e significativo a través de tódalas actividades que configuran o modelo de Formación en Alternancia: períodos de práctica profesional, visitas técnicas, participación de expertos, impartición dos programas das diferentes materias, etc.

O Profesor é un animador e coordinador do proceso de aprendizaxe.
Por outra banda o profesor necesita coñecer ben o medio socioprofesional para poder encadrar perfectamente a súa acción educativa e orientar profesionalmente ó alumno dun xeito adecuado e eficiente.

O Responsable de Alternancia é unha peza clave que, como profesional e en coordinación co Centro, acolle ó alumno na súa empresa durante un período determinado para que o xoven non só adquira capacidades, habilidades e destrezas, senón que mellore en actitudes, en coñecemento do entorno profesional e en madurez persoal.

A visita dos profesores durante o período de estancias nas respectivas empresas é unha necesidade para corrixir e orientar procesos de aprendizaxe e optimizar tódalas situacións e recursos de aprendizaxe que se xeran neste período de estancia no medio profesional.

As Visitas de Estudio son un medio didáctico de notable interese educativo. Estudiase a empresa no seu contexto para profundizar en aspectos técnicos e económicos da mesma
A participación de expertos en distintos temas do currículum, ademais de ser unha necesidade do propio sistema de Formación en Alternancia, introduce dinamismo na organización das actividades e aporta realismo á formación impartida.

Os pais dos alumnos, ademais de exercer a súa ineludible función educativa, nun sistema de Formación en Alternancia poden inducir e facilitar as aplicacións prácticas na propia explotación, ó mesmo tempo que realizan orientación profesional.

En definitiva, o sistema de formación en Alternancia, é innovador, integrador e esixente para tódolos axentes implicados: Alumnos, Formadores, Responsables de Alternancia, Pais de alumnos e Profesionais do entorno do Centro, e da resposta e compromiso de cada partenaire depende a eficiencia do sistema e os resultados.


O PROTAGONISMO EDUCATIVO DOS PAIS

Nos estatutos da Asociación EFA Fonteboa, no seu artigo 4, exprésase que a finalidade principal da Asociación é “promover a mellora e o desenvolvemento do medio agrícola e rural, con especial atención á promoción profesional, cultural e social dese medio e das persoas do mesmo, mediante accións formativas con xóvenes e adultos”. E entre outros fins explicítase “garantir o principio do exercicio da responsabilidade dos pais na educación dos seus fillos”; en consecuencia, tanto o Comité Xestor como a Equipo Directivo do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa incorporan na súa estructura organizativa anual os Grupos de Traballo de Familias: Grupos de Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional.

O protagonismo educativo dos pais explicítase, tanto na ESO como en FP, nas entrevistas periódicas dos pais cos respectivos titores e na súa participación nos diferentes Grupos de Traballo de Familias.

Estas reunións dos Grupos de Traballo de Familias pouco teñen que ver coas clásicas reunións de pais dun colexio, senón que son reunións de traballo de grupo nas que se leen documentos, opinase, e sácanse conclusións; con estas reunións preténdese capacitar ós pais para exercer a súa tarefa educativa, a través do traballo de grupo, e ocasionalmente, coa participación de especialistas en diferentes aspectos do ámbito da educación. Tamén se conciben como un medio de intervención de forma activa na educación dos fillos.


ATENCIÓN PERSONALIZADA E ORIENTACIÓN PROFESIONAL INDIVIDUAL

Ten a súa concreción nas entrevistas periódicas co profesor - titor e nas visitas realizadas ós alumnos de Formación Profesional á empresa de Prácticas en Alternancia en cada un dos periodos de estancia no medio profesional.

É un factor importante para o éxito escolar, para a madurez psico-social e para a inserción profesional do xoven. Tamén reviste especial importancia para o equipo de formadores o feito de manter un estreito contacto cós profesionais do sector asociados ó Proxecto Educativo do Centro, pois permítenos imprimir máis realismo e practicidade ás materias, ó mesmo tempo que rompen coas inercias academicistas que consideran a aula como o único lugar de aprendizaxe, cando a realidade e a experiencia educativa demóstranos que ambos ámbitos son complementarios e cunha boa estructuración garanten o éxito escolar e profesional.



acu

cf

Usuario:
Password:
bt