Ciclo Formativo de Grao Superior


Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal


"Unha cualificación profesional para traballar e xestionar empresas do medio rural"











Información



Familia Agraria
Nome ciclo Xestión e organización de empresas agropecuarias
Grao Superior
Horas 2000

Módulos:


Organización y control de la reproducción y cría 225
Gestión de la producción animal    210
Gestión de la recría de caballos    120
Organización y supervisión de la doma y manejo de équidos    175
Maquinaria e instalaciones ganaderas    105
Saneamiento ganadero    120
Asistencia a la atención veterinaria    115
Bioseguridad    120
Gestión de centros veterinarios    90
Proyecto de ganadería y asistencia en sanidad animal    40
Formación en centros de trabajo    400








Requisitos de Acceso


Pódese acceder a un ciclo de grao medio cando se reuna algúns dos seguintes requisitos:
 - Estar en posesión do título de Bachiller.
 - Estar en posesión dun título de Técnico Superior ou Técnico Especialista.
 - Ter superado o Curso de Orientación Universitaria (COU).
 - Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos de grado superior









Saídas Profesionais


  • As ocupacións ou postos de traballo máis relevantes son os seguintes:
  •  - Xerente de explotación agraria
     - Propietario de explotación agraria
     - Encargado de máquinas e de equipos agrícolas
     - Encargado do control de inseminación artificial
     - Aplicador profesional
     - Xefe de taller rural
     - Capataz de rega
     - Xefe de almacén de produtos agrícolas
     - Xerente de cooperativas de produción de sociedades agrarias de transformación (SAT) e outras asociacións de produtores
     - Encargado de control do medio natural.









Residencia - Un Proxecto Educativo


A Residencia proporciona aloxamento aos estudantes e promove a formación cultural e social daqueles que residen, proxectando a súa actividade ao servizo do medio rural.
A proposta educativa pretende favorecer o desenvolvemento integral da persoa dende o respeto a súa libertade, nas dimensións sociais, intelectuais e humanas.

Dimensión social
Fomentar unha formación orientada cara o compromiso cos valores do medio rural e potenciar a participación activa no desenvolvemento do seu medio, construíndo actores locais a través de:
-Actividades de formación, debate e contraste interdisciplinar sobre a realidade do medio rural
-Participación en actividades que favorezcan o compromiso na mellora da vida das persoas do rural.
-Desenvolvemento de habilidades para as realacións interpersoais de respeto, axuda, tolerancia, solidaridade e amistade.
-Actividades que fomenten o respeto polo medio ambiente e os valores da tradición e cultura asociadas a ruralidade.
 
Dimensión intelectual
Promover o estudo como capacitación profesional e medio para o desenvolvemento persoal do estudante:
-Unha actitude responsable ante o estudo.
-As tertulias como espazo de diálogo, análise e debate para contrastar a realidade política, sociocultural e económica do medio rural
-Unha conciencia ética e crítica para actuar con responsabilidade social antes os novos retos da sociedade do rural.









Ainfogra (Aula de Informática Agraria)

Entre outros obxetivos, o proxecto centra a súa atención no desenvolvemento de software libre e gratuito de xestión para o medio rural. Actualmente o proxecto conta cos seguinte software:
-AinfoVac para a xestión de explotacións gandeiras.
-AinfoHor para a xestión de producións de horta.
O alumnado do ciclo ten a oportunidade de colaborar na mellora contínua dos aplicativos ao tempo que experimenta coa xestión técnico - económica das súas própias explotacións. Foméntase o traballo cooperativo de análise de datos comparativos, e a súa integración nos demais módulos do ciclo como medio de acadar unha formación e visión global da empresa rural.
  Máis información en www.ainfogra.com









Laboratorio Agrario

O  laboratorio  agrario está  especializado na  realización de analíticas de solo  para a execución  do plan de fertilización nos diferentes cultivos que o alumno estudia no módulo de  “implantación de cultivos”.  Cada  alumno, durante o  primeiro e parte do segundo trimestre  do curso, pode analizar no laboratorio  os  seguintes parámetros  (Textura, Materia Orgánica, Ph, Fósforo, Potasio, Calcio, Magnesio, Sodio, Aluminio, Acidez de cambio e  Capacidade de Intercambio Catiónico),  con estos parámetros o  alumno pode determinar as necesidades nutricionais a cubrir no solo  e  será capaz  de  realizar un plan de fertilización para os diferentes cultivos que desexe.
A  parte do servicio dentro do módulo educativo, o  alumno  pode participar en actividades extraescolares dentro do laboratorio, colaborando na realización das súas propias analíticas ou  incrementando os seus coñecementos na materia realizando os  análisis doutros compañeiros.









Programas Europeos

As competencias dun profesional do sector agrario son amplas e variadas. Desde Fonteboa tratamos de respostar a esas necesidades e en consecuencia, ademáis dos módulos específicos  establecidos pola Consellería de Educación, impártense outros cursos específicos (idiomas Francés e inglés, Soldadura, Xestión Informática Ainfovac, Cursos de Benestar Animal, de Prevencios de Riscos Laborais etc). Isto é así porque consideramos que os titulares das explotacións e os novos técnicos agrarios deben ter unha capacitación e unha cultura que lles permita innovar, adaptarse aos cambios do entorno e a posicionarse de cara ao futuro.
Na organización dos CFGM e CFGM tamén se contempla a movilidade dos estudantes (viaxes profesionais e estadías de duración variable en Francia e Irlanda) en algún casos aproveitando as convocatorias dos Programas Leonardo e Erasmus+.
Por outra banda varios profesores do Centro participan tamén en diversos programas transnacionais para mellorar as competencias nos ámbitos da formación e no asesoramento: Programas New advisers, Sagiter – Supagro e Strat training. Manteñen reunións trimestrais cos socios dos países participantes; isto permite estar na vangarda nas metodoloxías e nas cuestións prioritarias dentro do marco xeral da formación – desenvolvemento.









Empresas

Desde 1937 as Maisóns Familiales Rurales aplican a metodoloxía da Alternancia Educativa. Preténdese con elo acercar os ámbitos da formación e da empresa. En Fonteboa esta metodoloxía concrétase nos seguintes puntos:
  •  - Realización de estadías en empresas agroalimentarias ou de servizos agrarios
  •  - Participación de expertos profesionais, ademáis dos profesores, en determinados aspectos da formación.
  •  - Organización de xornadas técnicas e seminarios sobre cuestións específicas agropecuarias.
  •  - Realización de visitas de estudo.
  •  - Orientación profesional para a concreción do propio proxecto
  • En cada curso ao redor de 200 persoas participan na formación: ponentes nas xornadas técnicas, estadias profesionais dos alumnos, participación en coloquios, etc.









Contacto

EFA Fonteboa


Feiranova s/n. 15147. Coristanco. A Coruña

Tlf: 981733051   |    Fax:981734097

fonteboa@efagalicia.org
www.fonteboa.es