Ainfogra xurdiu no ano 2006 como iniciativa da Federación EFA de Galicia e foi desenvolvido no Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa. Contou, nos seus inicios, co cofinanciamento da Consellería de Innovación e Industria , Dirección Xeral de promoción Industrial e Sociedade da Información e coa colaboración e cofinanciación da Cooperativa Agraria Provincial.

Dende o ano 2009 o proxecto pasou a ser liderado por Fundesar, que asume os obxetivos e compromisos do proxecto e faise cargo do seu desenvolvemento e soporte.

As áreas de actuación ou inicidencia de Ainfogra son Medio Rural, Novas Tecnoloxías e Xestión Integral. Deste xeito Ainfogra érguese como pilar de difusión, formación e desenvolvemento en Software Libre orientado ao Medio Rural.

 As áreas de actuación concretas de Ainfogra son:

  • Difusión: Difusión / información sobor o Software Libre e os beneficios que o mesmo pode supor tanto persoal como profesionalmente.
  • Formación: Formación en Software libre a través de todas as infraestructuras posibles, presencial, online, mixta, etc.
  • Desenvolvemento de Software: Creación de Software Libre e gratuiro de Xestión Integral para as pequenas e medianas empresas do Medio Rural.

Dende o ano 2009 o proxecto pasou a ser liderado por Fundesar, que asume os obxetivos e compromisos do proxecto e faise cargo do seu desenvolvemento e soporte.

OBXETIVO XERAL:

  • Difusión, formación e adopción das TIC no ámbito empresarial rural galego.

OBXETIVOS ESPECÍFICOS:

  • Difusión das TIC
  • Alfabetizar en TIC os empresarios e profesionais do eido rural
  • Integrar as TIC como ferramenta de traballo indispensable
  • Implementar Sistemas de Xestión Integral na empresa rural, especialmente no sector agrogandeiro
  • Asentar as bases para unha futura formación continua específica, de calidade e baixo custe a través do e-learning

 

AINFOGRA baséase en 4 principios básicos, que o noso entender, deben ser seguidos por calquera programa que teña no seu horizonte un obxetivo similar na área empresarial rural galega:

  • COÑECER O MEDIO . Unha das razóns principais que auguran o éxito de noso proxecto basease na maís que contrastada experiencia que a nosa institución ten no medio a través de anos de traballo e experiencia en diversas iniciativas europeas de desenvolvemento rural (Equal, Interreg, Art. 6 FSE, etc). Esta experiencia e saber facer contribuen a capacidade de difusión e implementación do noso proxecto no eido rural a través dunha ampla rede de asociacións, empresas e profesionais confeccionada o longo de anos de traballo en cooperación.
  • Achegar as TIC a empresa, non a empresa as TIC. Unha das principales barreiras / dificultades que ten o profesional/empresario rural galego para adaptarse e formarse en TIC é a dispersión dos pequenos núcleos rurais que obriga a longos desprazamentos a núcleos urbáns. E por isto necesario achegar as TIC o medio rural a través da creación de pequenas aula agrarias que faciliten o acceso a Información así como o asesoramento e formación axeitados.
  • Adecuar a FORMACIÓN ao público destinatario. As posibilidades e beneficios que ofrecen as TIC varían en función do hábitat social e profesional no que se desenvolva unha persoa. Por tanto o enfoque que se debe dar a formación no eido rural ten que ser adaptado, non só o nivel de formación do destinatario, senón o medio o que se dirixe, demostrando en cada momento a sua aplicación práctica
  • No só é formar, hai de DESENVOLVER. Realizar un proxecto destas características establecendo como meta única a formación técnica dos destinatarios é, o noso entender, un erro. A formación en TIC debe ser un medio que nos permita chegar a un fin; influir positivamente no desenvolvemento do territorio. É para elo é necesario que unha vez rematado o proxecto este continúe, con outros medios, formando, asesorando e desensenvolvendo

O proxecto fundamentase nun itinerario formativo especialmente adaptado o medio no que se pretende levar a cabo e que busca, non so a formación, senón a adopción das TIC por parte dos traballadores e empresarios do eido rural.

A folla de ruta de noso proxecto resumese en: Alfabetizar en TIC os traballadores das pequenas/medianas empresas agro-gandeiras do medio, a continuación lograr a Adopción das mesmas como unha ferramenta de traballo o servizo do traballador e empresario, finalizando nunha Integración total das TIC implementando Sistemas de Xestión Integral nas pequenas e medianas empresas do medio. Este proceso continuo asentará as bases que garanticen a demanda e continuidade do proxecto no futuro reorientandose cara a formación continua dos profesionais tanto presencial como on-line así como soporte e asesoramento.