Ciclo Formativo de Grao Medio


Panadería Repostería e confitería


"Fortalecemos as habilidades e competencias profesionais que necesita o sector da restauración"











Información



Familia Industrias Alimentarias
Nome ciclo Panadaría, Repostaria e Confitaría
Grao Medio
Horas 2000

Módulos:

              
1º Curso
Materia primas e procesos en panadería, pastelaria e repostaria 133
Elaboracións de panadería e bolaria 347
Procesos Básicos de Pastelaria e Repostaria 240 
Procesos Básicos de Pastelaria e Repostaria 240 
Operacións e Control de almacén na Indústria Alimentaria 80 
Seguridade e Hixiene na manipulación de alimentos 53 
Formación e orientación laboral 107   
2º Curso
Produtos de Obradoiro 175 
Sobremesas en Restauración 140 
Elaboracións de Confeitaria e outras especialidades 192  
Presentación e venda de produtos de Panadería e Pastelaria 70  
Empresa e iniciativa emprendedora 53  
Formación en centros de traballo(Formación en centros de traballo) 384












Requisitos de Acceso

Pódese acceder a un ciclo de grao medio cando se reuna algúns dos seguintes requisitos:
  1. ⎕ Bacharelato
  2. ⎕ Titulación universitaria
  3. ⎕ COU
  4. ⎕ Proba de acceso.












Perfil Profesional

Competencia xeral:
Realizar tódalas operacións de elaboración, conservación e presentación de toda clase de produtos de pastelería, panadaría, repostaría e hostalería ademais da parte de venda e presentación dos produtos elaborados: Montar expositores, escaparates e servizos tipo buffet, conseguindo a calidade e obxectivos económicos establecidos e aplicando en todo momento a normativa e práctica de seguridade e hixiene.

Contorno funcional:
Elaboración e/ou servizo de alimentos e bebidas e control de consumos, compras, contratación. Tendo como meta acadar un aprendizaxe polivalente e funcional en todos os campos desta profesión.

Ocupacións e postos de traballo máis relevantes:
  • -Pasteleiro-panadeiro, confiteiro de calquera establecemento ou aloxamento.
  • -Dependente de tendas de pastelería e panadería.
  • -Encargado de departamento de economato, almacén ou adega.









Formación en centros de traballo

Coñecida como prácticas en empresas. Este módulo é de carácter obrigatorio para todos os ciclos formativos e se desenvolve en empresas ou institucións en situación reais de traballo. Neste módulo aplícanse as competencias profesionais adquiridas no centro, ademais das propias que se realizan na empresa.
O módulo da FCT desenvólvese de xeito ordinario no último trimestre do 2º curso de cada ciclo, no período de abril a xuño, tendo unha duración para ciclos LOE de 410 horas nos ciclos medios e 384 horas nos ciclos superiores.
Este módulo pode ser convalidado pola súa correspondencia coa experiencia laboral, debéndose acreditar un ano de traballo a tempo completo ou os días de cotización equivalentes a un ano a tempo completo no caso de contratos a tempo parcial.









Empresas Colaboradoras

Algunhas das empresas colaboradoras na actualidade no desenvolvemento do módulo de FCT son as que se relacionan a continuación:
  • Panadería A Broa.
  • Panadería Erundina
  • Panaderá Francos
  • Pasteleria Sémola
  • Restaurante Club Financiero de Vigo
  • Pastelería Regino
  • Restaurante Casa Marco
  • Panadería pastelería el Cruceiro
  • Panadería Pondal
  • Panadería El Trigal
  • Confitería El Molino.
  • Panaderia Supán.
  • Hotel Trip Mondariz.
  • Paradores de Turismo de España









Training en Empresas - Metodoloxía Empresa-Aula

O plan de estudos da nosa escola caracterízase pola aplicación en cada un dos ciclos da metodoloxía empresa-aula de xeito complementario e transversal.
Consiste en que o alumnado se achegue á empresa nun período de tempo por trimestre.
 O obxectivo prioritario é ir aplicando os coñecementos adquiridos e acadar certas competencias profesionais dun xeito totalmente práctico e adaptado á realidade laboral, recreando un espazo específico. Deste xeito, trimestralmente aprenden traballando e coñecen máis de cerca a profesión que escolleron.


















Contacto

EFA A Cancela


Tortoreos s/n. 36440. As Neves. Pontevedra


Tlf: 986648250    |       Fax: 986648284


www.acancela.es
acancela@efagalicia.org