Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerle productos y servicios adecuados a su perfil. La base del tratamiento es el consentimiento, salvo en el caso de cookies técnicas, imprescindibles para poder navegar. Puede consultar los datos de contacto del titular de la web y responsable del tratamiento en elAviso legal. Puede acceder a nuestra Política de cookies para obtener más información sobre su uso y su gestión en nuestras web.

 

 

 

Roteiro Apícola dende a EFA Fonteboa á Fraga Xorda (Coristanco)

O día 12 de xullo tivo lugar a xornada apícola na finca de Fonteboa e na abellariza a uns tres kms da EFA.

Asisten trinta persoas cunha idade entre cinco e máis setenta anos. Destacar a abelleira de cinco anos que foi proactiva en tódalas actividades. Antes de inciar a actividade na EFA e na abellariza se explícan os riscos laborais por parte dos que teñen experiencia co traxe, afumador, pulverizador e outros trabellos.

As actividades consistiron en manexo de núcleos de fecundadión e colmeas.

A primeira parte, na finca da Efa Fonteboa, realízamos manexo, estudo e análise dun núcleo de fecundación, píntase a mestra, obsérvase a posta en tódolos estadios biolóxicos, vimos como realiza o estirado natural, sen cera comercial, partindo de cero. Na colmea finalizadora se aproveita para explicar como recuperar unha zanganeira co menor traballo e maoir éxito de aceptación por parte das abellas. A abelleira de cinco anos realiza pintado de abellas con moita precisión o cal é apta para pintar as xefas.

De camiño á abellariza o alumnado de Fonteboa explican as actividades prácticas e vincualadas cos contidos das materias que estudan na ESO.

Un abelleiro expón o seu coñecemento e experiencia sobre as culebras, lagartos, corzos, lobos...
A abellariza é un lugar de investigación e experimentación, todo é natural, non hai cera comercial nin tratamentos medicamentosos, os controis pertinentes realízanse por medio de métodos naturais.

Os asistentes comproban como se recollen os datos e algúns son: número de varroas mortas ou vivas, lugar na bandexa sanitaria e no laboratorio se mira o grao de agresión ou lesión mortal por parte das abellas co obxecto de sacar conclusións sobre o grao de evolución sobre a autodesparasitación. Outros parámetros son o número de abellas que entran e saen por segundo na piqueira, as que entran con pole, as escamas de cera na bandex...en definitiva, que pasa dentro da fábrica?. Igualmente hai un termómetro de máximas e míninas, pluviómetro e tapa superior de cristal para a observar a evolución do crecemento da colonia. Estes parámetros indican como están o currrantes e as intalacións da fábrica.

De interese a obsevación e técnica para regatear á velutina por medio de técnicas naturais que consiste en deixar que a natureza medre diante da piqueira, apoisr con ramas de carballos e castiñeiros, disnte da colmea, para impedir ou facilitar o maior número de fallos na captura de abellas por parte da avespa velutina.

En conclusión, trátase de promocionar o “ollo clínico” entre as abelleiras/os, algo así como cando un vai ao médico e este ao observalo obtén unha idea do que lle está a acontecer. Ademais trátase de promover e aplicar o método científico á práctica apícola entre o colectivo de Bergantiños e bisbarras dos redores.

Rematamos a xornada cun café, cata de hidromel e distinción aos tres abellaras/os máis xóvenes.

 
Erasmus

Encuentra toda nuestra oferta formativa en Galicia

Oferta Formativa

Investigación, desarrollo e innovación en el medio rural

Title Text

Proxectos de Impacto Local

Title Text

Internacionalización y Medio Rural

Title Text

Proyectos relacionados con la Mujer Rural

Title Text

Voluntariado y Cooperación

Title Text

colaboradores1

colaboradores2

colaboradores3

colaboradores4