ROTEIROS APÍCOLAS POLAS TERRAS DE “X”
PALABRAS CLAVES
Medio ambiente, posta en valor do pasado e presente, percepción social e desenvolvemento, apicultura tradicional, cultura apícola, posta en valor das abellarizas nas parroquias ou concellos.
Puesta en valor del pasado y presente, percepción social y desenvolvimiento, puesta en valor de los colmenares en las parroquias y ayuntamientos.
INTRODUCIÓN
Na actualidade e ante tanta información é de interese concienciar á ciudadanía dun territorio para que sexan protagonistas da súa historia. Concrétase en escribir documental nas tics sendo coñecemento para o presente e futuro. Senón o realizamos nadie o fará por nós.
O concepto de “roterio” é o que máis se aproxima ao método que engloba o coñecemento omnisciente.
En consecuencia, o roteiro é nexo que vincula no traxecto:
- Actividades apícolas
- Actividades culturais
- Saúde física
- Análise e reflexión sobre o medio físico e político.
OBXECTIVOS
- Crear roteiros dentro da parroquia
- Aprender a recoller datos, sistematizalos, analizalos e tratar de aplicarlle o método ciéntífico
- Fomentar a ilusión, coñecemento e interese pola historia pasada e implicarse na presente.
- Crear documental para as tics e pasalas á rede.
MATERIAIS
- Calzado e roupa deportiva
- Mochila con materiais diversos para recoller información e datos obxectivos.
- Instrumental pertinente para a apicultura.
TÉCNICA
O roteiro necesita diseño do itinerario. Programación. Persoas protagonistas e concreción dos animadores,e formadores e un coordinador.
Como se trata de roteiro apícola é pertinente planificar todo o referente a esta. O realizado concrétase en documental para as tics a título persoal ou colectivo. No caso das abellas atopar algún elemento para comparar ou investigar.
RESULTADOS
No concello de Coristanco creamos os seguintes roteiros:
Roteiro apícola polas TERRAS DE SEAVIA
Roteiro apícola polas TERRAS DE COUSO
Acádase todo o dito anteriormente e coa participación significativa de xóvenes ou maiores. Só falta animar a escribir para ser lido na rede.
COLABORADORES
Abelleiras e abelleiros da zona poden compartir datos por medio do grupo “Amigos das abellas” e os alumnado do Centro de promoción Rural EFA FONTBOA en Coristanco (A Coruña). Son testimonio por incorporarse a esta actividade e por esta técnica asumen e se implican no método científico.
CONTROVERSIA E DISCUSIÓN
Conflito entre o individualismo e o traballo en grupo ou asociacionismo.
O traballo en grupo e asociacionismo facilita o desenvolvemento dun territorio
CONCLUSIÓNS
Esta medoloxía fomenta algún destes valores:
- Socialización
- Compartir experiencias
- Aprende coñecementos doutras persoas
- Promover ou participar noutras actividades como en asociacións da parroquia, concello e neste caso nas de apicultura.
- Recuperar o pasado e dar testemuña por escrito nas redes sociais.
ÁREA NA QUE DESEXA PRESENTAR A SÚA COMUNICACIÓN: Economía, desenvolvemento e percepción social.