Xuntanza de Abelleiros 23/09/2014
1) Presentación
2) Información sobre a metodoloxía
3) Datos e análise sobre a tempada presente:
Datos:
De 37 asistentes recóllese información de 17 ao chou.
Se elixe como unidade os litros, colmeas da abellariza con abellas, enxamios recollidos e baixas.
Resultados:
1) Media : 25 litros/ colmea
2) Media de enxames recollidos: 3,5 enxames/abellariza
3) Media de enxames de baixa en 2014: 2 enxames/abellariza
4) Outros datos para comparar:
En Laracha a media dun colmear é de 30 l/colmea
En Coristanco (Seavia) unha colmea produce 50 litros
En Carballo (Aldemunde) unha colmea produce 53 litros
Unha colmea que realiza todos os panais naturalmente e enxamea produce 9 litros.
4) Técnica tradicional para castrar o mel.
5) A avespa velutina
A maioría está moi sensibilizado, varios traen a vespa asiática (vivas e mortas). Achegan folleto da Xunta de Galicia que informa dos niños, eliminación, morfoloxía e teléfono de atención (012)
6) Preparación da invernada
Ademais doutras técnicas destacar a natural:Deixalas alzas no cabazo se pechar e ventilados.
7) VII Congreso Apícola Hispánico
Se comenta a proposta de reducir custos e ir varios nun coche.
De interese para coñecemento e intercambio de experiencias con outros apicultores de España, Portugal e Europa, os días son 3, 4, 5 de outubro 2014 (ver programa por medio de AGA)
8) O mércores 26 de novembro habrá entre as 16.00 horas e 18.00 “Cata de mel” e dous ponentes sobre as abellas. Pendente de pechar programa
9) Vindeira xuntanza: en xaneiro e outra en abril. En todo caso ver cartel e pendente de concretar roteiros.
10) Outros
Paco informa que está programada visita a Goente Pontes de García Rodríguez (Meseo, obradoiros, laboratorio...) ao remate de outubro. Pendente de concretar programa en todo caso os interesadoso poñerse en contacto 646421019