O SERVIZO DE EMPREGO E AUTOEMPREGO DA EFA PIÑEIRAL PREMIADO POLO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO SOCIAL DE COBRE SAN RAFAEL
Cobre San Rafael fixo onte entrega dos premios enmarcados no seu programa Terras da Xente.
O vicepresidente das Efas de Galicia, Enrique Rodríguez, primeiro pola esquerda, xunto co resto de premiados e os alcaldes de Touro e O Pino.
O Servizo de Emprego e Autoemprego desenvolto pola Efa Piñeiral (SEAP) foi un dos sete proxectos da comarca de Arzúa onte premiados pola empresa Cobre San Rafael.
A distinción enmárcase dentro do programa de desenvolvemento social Terrras da Xente que promove Cobre San Rafael e que está destinado a incentivar a labor das asociacións ou entidades sen ánimo de lucro con fins sociais, educativos, culturais, ambientais ou deportivos na comarca de Arzúa.
O SEAP é un dos programas organizados pola Federación Efas de Galicia na Efa Piñeiral para informar, orientar, cualificar e acompañar ás persoas do entorno rural na busca e na creación de emprego. Dende comezos de este ano a institución asignou a este programa máis persoal para impulsar todas as actuacións que son precisas para o cumprimento dos obxectivos e ampliar os beneficiarios do programa.
A metodoloxía do SEAP baséase no traballo paralelo cos candidatos e coas empresas e profesionais mediante as fases de captación, acollida, orientación, formación e seguemento.