Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerle productos y servicios adecuados a su perfil. La base del tratamiento es el consentimiento, salvo en el caso de cookies técnicas, imprescindibles para poder navegar. Puede consultar los datos de contacto del titular de la web y responsable del tratamiento en elAviso legal. Puede acceder a nuestra Política de cookies para obtener más información sobre su uso y su gestión en nuestras web.

 

 

   

Garantía Xuvenil “Aval jóvenes”

(O traballo da xuventude, aval para o futuro dos territorios rurais)

Este proxecto, liderado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, forma parte dun número moi reducido (15) dos aprobados pola Comisión no conxunto da Unión Europea dentro da Convocatoria VP/2012/012, orientada a apoiar actuacións conxuntas de actores relevantes de cara á mellora das posibilidades de inserción laboral da mocidade. Enlaza polo tanto, coa prioridade da UE de loita contra o desemprego xuvenil

O proxecto está enmarcado no eixo C: enfoques innovadores para os mozos/as que se atopan con múltiples barreiras de cara a súa inserción laboral.

Prazo de Execución: do 1 de outubro de 2013 ata o 30 de setembro de 2014 

DestinatariosMozos e mozas de 15 a 30 anos que rematan a súa cualificación profesional ou están en situación de paro e que se atopan na procura de emprego. Serán 50 participantes divididos en  2 grupos de traballo  de 25 participantes cada un.

Zona de Actuación: Establécense 2 zonas de actuación, con un grupo de 25 participantes en cada unha delas, na zona da Costa da Morte con base en Carballo  e na zona interior da provincia de A Coruña, con base en Melide. 

Partenariado:

  • Organismo Demandante:
    • Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Consellería de Traballo e Benestar. Xunta de Galicia
  • Socios:
    • Dirección Xeral de Promoción do Emprego
    • Diputación Provincial de A Coruña
    • Federación EFA de Galicia (Escuelas Familiares Agrarias)
    • Asociación ADTERRA (Asociación para o desenvolvemento dos territorios polos actores locais)
    • AFIPRODEL (asociación galega de profesionais de desenvolvemento local) 
    • ASER (asociación de empresarias rurais)
    • SECOT (seniors españois para a cooperación técnica)
    • AXOBER (asociación de xóvenes empresarios de Bergantiños)

Obxetivo Xeral: Facilitar aos mozos/as participantes a súa orientación profesional e  inserción laboral, axudándolles a elaborar e materializar un proxecto de emprego / empresa nos territorios de actuación

Obxetivos Específicos:

  • Axudarlles a coñecer e valorizar mais e mellor o seu territorio
  • Favorecer a promoción dos territorios rurais, poñendo en valor as oportunidades que hoxe amosan para a creación de novos empregos e empresas

Accións:

  1. Creación dos dous grupos de participantes nas zonas de actuación
  2. Programa OPILE 
    • Integra o traballo de aprendizaxe en grupo cunha programación con unidades didácticas específicas e a práctica no territorio, a través do estudio do medio polos participantes para descubrir posibilidades e recursos susceptibles de xerar empregos e do establecemento de relación directa con outros actores locais destos territorios (empresas, profesionais cualificados, axentes técnicos, entidades asociativas, etc)
  3. Taller de proxectos 
    • Prestar apoio e acompañar na posta en marcha das iniciativas de emprego/empresa dos participantes : análise doutras experiencias de interese, asesoramento específico, axudas existentes, estudo de viabilidade, visitas, etc.

Metodoloxía:

Metodoloxía participativa: 

  • Favorecese o traballo en grupo a través de metodoloxías innovadoras como canle axeitada para a emerxencia de iniciativas de emprego nos territorios rurais de actuación 
  • Implicación de todo o partenariado de xeito complementario: entidades de formación, asesoramento técnico, orientación laboral, rede empresarial para prácticas e xeradora de empregos, respaldo institucional e liñas de apoio a inserción laboral 
  • Metodoloxía de interacción aprendizaxe-práctica no territorio 
  • Metodoloxía de formación-animación favorecendo o desenvolvemento persoal dos participantes e a súa implicación ao longo de todo o proceso da súa inserción laboral.

Resultados Esperados:

  • Inserción laboral dos participantes
  • 40-50% dos participantes insertados laboralmente
  • 20-30% de participantes en vías de inserción laboral
  • 20-25% de participantes que melloran a súa empregabilidade e que poden ser reorientados a novos procesos de inserción profesional, prácticas en empresas, etc.
  • Impacto no territorio
  • Dotación de novos modelos de traballo e boas prácticas para favorecer a inserción laboral da mocidade susceptibles de ser transferidos a outros territorios.

 

 

 

 

 

 

 

 
Erasmus

Encuentra toda nuestra oferta formativa en Galicia

Oferta Formativa

Investigación, desarrollo e innovación en el medio rural

Title Text

Proxectos de Impacto Local

Title Text

Internacionalización y Medio Rural

Title Text

Proyectos relacionados con la Mujer Rural

Title Text

Voluntariado y Cooperación

Title Text

colaboradores1

colaboradores2

colaboradores3

colaboradores4