Programa europeo Leonardo dá Vinci
Leonardo SAGITER – Saberes agroecolóxicos e inxeniosidade dos territorios
SAGITER ten como obxectivo a valorización dos saberes agroecolóxicos tradicionais, dende a súa recuperación, pasando por un proceso de actualización ata a súa transmisión a través da elaboración dun dispositivo pedagóxico.
Deste xeito, pretende promover unha evolución de cara a unha agricultura productiva e durable, creando un módulo de formación de formadores que integre diferentes enfoques pedagóxicos adaptados á valorización, á aprendizaxe e a posta en marcha destes saberes agroecolóxicos.
O proxecto permitirá intercambiar enfoques sobre o concepto de agroecoloxía, a noción dos saberes agroecolóxicos, as diferentes experiencias pedagóxi-cas levadas a cabo polos socios, as necesidades de formación, etc.
Os socios deberán crear grupos locais de traballo e experimentación, para logo elaborar útiles pedagóxi-cos adaptados a estes modos de transmisión informales e as súas particularidades. Ao longo do proxecto terán lugar encontros transnacionais en cada un dos países socios.
O produto final será a elaboración dun módulo de formación de formadores e de ferramentas pedogóxi-cas axeitadas. Esta formación terá recoñecemento no marco do ECVET (Sistema Europeo de Créditos para a Educación e a Formación Profesional) .
No proxecto participan 11 socios de 7 países de Europa:
- Supagro – Francia (socio promotor)
- Fumeterre – Francia
- Savoir-Faire et découvertes – Francia
- Le Merle – Francia
- Geyser : Francia
- Department of Geography, University of Marburg – Alemania
- Federación EFA Galicia - España
- Vlaamse Landmaatschappij (Agencia de desenvlovemento rural do Goberno de Flandes)
- Bélgica
- Chamber of agriculture de Eslovenia
- Szent Istvan University Gödölö – Hungría
- USAMV de Cluj Napoka (Universidade de Cluj) – Rumanía