Programa de mobilidade Europeo “Erasmus +”
Dende o domingo 26 de abril o 16 de maio de 2015, vinte alumnos do ciclo formativo de grado medio en Producións agropecuarias do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, están a realizar unha alternancia educativa, baixo o paraugas do Programa de mobilidade Europeo “Erasmus +” e seguindo o guión do proxecto “PEACE- Practicando En Agricultura Con Europa”, na rexión francesa de Bourgogne 150 quilómetros o sur de París. En dito proxecto colabórase con Denis Egron, responsable e coordinador dos proxectos Erasmus + da MFR de Villevallier. Denis foi o encargado de facer a achega dos responsables de alternancia para os 20 alumnos participantes, e así se puideran cumprir as expectativas da maior parte das producións demandadas para este período de formación.
Os alumnos desprazados a está rexión encóntranse distribuídos nun total de 17 explotacións, das cales, 10 son explotacións de vacún de leite e cultivos, 2 de produción de cultivos, unha de cabalos para actividades deportivas, unha de polos broiler, unha de cabras e queixo, unha de vacas de carne charolaise e limousin e unha de caracois.
Para coñecer un pouco o contexto, os alumnos do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, encóntranse nunha rexión totalmente agrícola e gandeira, na que predomina dentro dos cultivos a produción de cereal ( trigo, cebada e algo de millo) e leguminosas (colza e alfalfa) en parcelas con unha superficie media de dez hectáreas ( caso claro da importancia da estrutura e organización do territorio), e dentro da produción animal vacún de leite e carne (sempre en sistema de pastoreo), aves (polos, pavos, patos, pintadas,etc), porcos e caracois, sendo este último un dos pratos típicos da Bourgogne.
Os obxectivos desta actividade de mobilidade son tres: Por un lado coñecer a estrutura e funcionamento das explotacións francesas para poder comparar coas súas en Galicia; por outro lado estudar a forma de afrontar a PAC no país galo e como superan o factor determinante do pago verde na elección dos cultivos; e por último, descubrir unha nova lingua e cultura afondando no coñecemento do idioma e visitando os fins de semana lugares de interese do país francés.
A volta do período de formación os alumnos realizarán unha xornada de presentación das explotacións ante os pais/nais e o público que desexe ter un coñecemento máis amplo dunha das rexións agrogandeiras máis importantes de Francia.