Cuarto encontro transnacional do proxecto SFATE en Eslovenia
5-6 de xullo 2018
O centro de formación Biontecnical de Naklo en Eslovenia acolleu o cuarto encontro transnacional do proxecto Erasmus + SFATE.
Durante estas xornadas os socios estiveron ultimando diferentes aspectos relacionados coa finalización da plataforma SFATE para o seu lanzamento público. Estará dispoñible en seis idiomas:
Inglés, francés, alemán, español e galego e terá diferentes formas de entrada dependendo dos intereses dos usuarios. Contará ademáis da presentación das tecnoloxías a través de fichas específicas para cada unha delas, con vídeos ilustrativos e con empregos e formación vinculadas ás mesmas.
O socio esloveno presentou tamén as diferentes instalacións coas que contan para as formacións entre as que destacan a formación agrogandeira, a transformación de leite, producción vexetal elaboración de conservas. A maior parte en producción ecolóxica e contan ademáis cunha rede local de productores cos que traballan na comercialización destas produccións.