
A Federación EFA Galicia participa no primeiro encontro transnacional InnAVET en Camerún
A cidade de Yaoundé acolleu do 4 ao 8 de maio de 2026 aos socios nesta reunión presencial do proxecto InnAVET (Innovación da Formación Profesional Agraria en África), unha iniciativa que busca fortalecer e transformar a formación profesional agraria no Camerún, Mali e Burkina Faso.
Durante unha semana, os socios participaron en diferentes sesións de traballo, obradoiros e visitas de estudo. Entre as actividades máis destacadas atopáronse as visitas á escola de alternancia CAPAM, situada en M'balmayo, así como a diversas empresas colaboradoras da escola que acollen alumnado en prácticas.
Ademais, organizáronse encontros con estudantes, docentes e titores de empresa para analizar as necesidades formativas do sector agrario e avanzar no deseño conxunto dun programa de formación destinado ao persoal formador dos centros de Formación Profesional Agraria. Trátase dun programa adaptado ás realidades e aos desafíos específicos dos países participantes.































