Proxecto SmartRural
(iniciativa Xove - Xunta de Galicia)
O proxecto SmartRural busca achegar a "tecnolo´xia" Iot ao medio rural, a través da creación dun marco de traballo e innovación necesario para capacitar aos xóvenes e prover da infraestrutura práctica necesaria que permita aos mesmos investigar, experimentar e concretar proxectos de sensorización + BigData + monitorización, de interese persoal ou profesional. Nesta liña traballarase en formato taller/experimentación nas seguintes liñas:
- Introdución a tecnoloxía LoraWan
Presentación da tecnoloxía LoraWan, posibilidades, uso, funcionalidades e previsión de futuro. Difusión do concepto Smart-Rural vinculando as posibilidades de sensorización e control coa produtividade, eficiencia e coidado do medioambiente. - Análise e práctica con sensores “comerciais”
Realización de diferentes proxectos de sensorización no medio rural. Monitorización de variables ambientais en cultivos, configuración de alertas, monitorización apícola, control de fugas de auga, regadíos, etc. - Deseño, montaxe e programación de dispositivos propios.
Ademais dos sensores propiamente industriais, afondarase no deseño propio, e posterior desenvolvemento, de sistemas de monitorización / sensorización / control adaptados as necesidades detectadas no entorno dos destinatarios. Deste xeito plantéxase como unha posibilidade o deseño dun sistema de alerta para o milde da pataca, que recollendo datos de temperaturas, humidade, choiva, etc, nos permita anticipar a aparición deste patóxeno.
Durante as próximas semás levaranse a cabo estes talleres así como aesoramento para o desenvolvemento de proxectos persoais.