Os socios europeos do proxecto ANICARE reúnense en Santiago.
26 – 28 marzo 2019
O cuarto encontro transnacional do proxecto europeo ANICARE, sobre benestar animal, tivo lugar en Santiago do 26 ao 28 de marzo. Nel participaron representantes dos 4 países socios: Portugal, Francia Finlandia e España. A Federación EFA Galicia é o socio que organiza e acolle estas xornadas de traballo en Galicia.
A axenda do encontro está marcada polo traballo conxunto para intercambiar e poñer en común o traballo realizado polos socios:
- para a mellora da plataforma delphi que se está a crear no proxecto
- para a creación dos currículos para os agricultores e para os formadores e súa presentación na web do proxecto
Os socios do proxecto fixeron ademáis unha visita a “Casa Grande de Xanceda” como boa práctica e referente tanto na produción e procesemanto de leite en ecolóxico coma no traballo polo benestar dos animais.