Xa é tradicional que a mediados do mes de Xuño no Centor de Promoción Rural- EFA Fonteboa teña lugar o acto de clausura de curso. Non é un acto de remate dun curso escolar, senón un acto institucional no que se dan cita alumnos de formación profesional, empresas colaboradoras, e persoas que participan nas actividades de formación contínua impulsadas dende o centro.
A promoción de alumnos de 2009-11 de CFGM de Explotacións Agrarias estivo apadriñada por Lácteos Pérez Olveira, empresa con sede na Pereira, santa comba, e con longa tradición de colaboración con Fonteboa.
Asistiron representantes de unha ducia de concellos, e a clausura correspondeu ao Alcalde de Coristanco.