A asistencia de responsables de empresas e institucións foi notable, todas elas entidades que colaboran nos diversos programas de formación impusados desde Fonteboa.
O apadriñamento da promoción de alumnos de 2º de CFGM este ano correspondeu a Progando, empresa de suministros agrarios, que estivo representada por José Turnes, o seu Director Xeral, que tivo palabras de agradecemento á EFA polo seu traballo en prol da formación e inserción da mocidade no medio rural; tamén animou aos apadriñados a poñer entre as suas prioridades a formación continua para ser competentes no difícil mercado laboral e empresarial ao que se teñen que enfrontar. Un alumno e unha nai fixeron uso da palabra para glosar as súas experiencias sobre o tempo transcorrido en Fonteboa.
En canto ás distincións Fonteboa 2010 este ano foron entregadas a Germán Graiño e a Lito López, ambos de Vimianzo. No caso de Germán Graiño recoñeceuse a implicación da familia na EFA a medidos dos 80 ao matricular ao seu fillo en FP-1 e FP-2 e posterior participación no Comité Xestor nuns anos importantes no crecemento da EFA. En canto a Lito López recoñecíuse a figura dun mestre rural preocupado pola mellóra dos alumnos das súas aulas e as súas familias. Numerosos alumnos cursaron estudos en Fonteboa ben orientados polo seu profesor de EGB.
No animado acto institucional tamén interviñeron o Presidente da Asociación, Xusto Sánchez e o Dirrector do Centro, Luís García, ademais doutras autoridades como o Presidente da Federación EFA de Galicia e o alcalde de Coristanco, a quen correspondeu a clausúra.
O Director na súa intervención, ademais de destacar os aspectos máis importantes do Proxecto Educativo de Fonteboa e enumerar algunhas actividades, anunciou dúas novidades para o próximo curso: a participación no proxecto Abalar (aulas dixitales na ESO) e o estreo do CFGS de "Organización e Xestión de Empresas Agropecuarias" a partir de setembro de 2010.
|
|
|
|
|
|