A actividade tivo como obxectivo poñer en valor tarefas que as mulleres rurais dominan na área da pastelaría e mellorar estas competencias de cara a busca ou creación de emprego neste ámbito
As participantes eran mulleres rurais pertencentes ás diferentes asociacións coas que ven traballando a Federación EFA neste territorio.
Esther Juan Salvadores e Fátima Estevez Posada, profesoras do ciclo de Panadaría, Respostaria e Confeitaria que se imparte en A Cancela e expertas na temática foron as responsables do deseño e desenvolvemento da actividade.
Elaboraron diferentes postres onde:
- innovaron en misturas e acompañamentos
- utilizaron produtos autóctonos e de tempada
- traballaron no deseño e creatividade na presentación dos postres
Ó final do día expuxeron os pratos elaborados:
- Mestizaxe de Ioghurt de requeixo e chocolate branco ivore acompañado dunha compota caramelizada de mango-plátano e aromatizada con clavo.
- Xeado de Vinagre de Módena con fresiñas e niño crocante.
A valoración da actividade polas participantes foi positiva xa que nas conclusións a destacar está a de constituír un grupo de traballo para abordar as posibilidades de emprego no territorio e no ámbito destas actividades profesionais.
|