Concurso de Vídeos:
“Somos o que bebemos: Leite de Galicia”
Os mozos e mozas do rural teñen moito que dicir. Por eso, queremos promover este concurso de vídeos para que a xuventude galega nos transmita dunha maneira actual a súa visión do sector lácteo galego.
Condicións do vídeo
Temática: Somos o que bebemos: Leite de Galicia é o título que engloba a temática deste concurso, transmitir unha imaxe atractiva deste sector. Os vídeos, polo tanto, deberán tratar sobre os seguintes temas:
- Produción de leite
- Campañas de sensibilización de consumo de leite
- Accións, manexo e iniciativas relacionadas coas explotacións de leite.
Duración: entre 1 e 6 minutos
Prazo: último día para subir os vídeos será o 1 de xuño ás 00:00 horas.
Premios
Os premios repártense da seguinte maneira:
- Premio o 1º mellor vídeo: 300,00 € en metálico.
- Premio o 2º mellor vídeo: 100,00 € en metálico.
A entrega de premios será o 18 de xuño durante a clausura de curso do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa.
Pasos para participar
1. Sube o enlaza o teu vídeo no grupo de Facebook <<Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa>> (para iso simplemente tes que facerte amigo deste grupo Facebook).
2. Envía un correo a This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. confirmando que ti es o autor desde vídeo. Esta mensaxe ten que ter os seguintes datos:
- Título do vídeo.
- Nome do autor/autores.
- Idade dos participantes
- Teléfono e dirección de contacto.
- Data de creación do vídeo.
- Certificación da posesión do copyright do vídeo subido.
3. Consegue que o teu vídeo sexa o máis visitado.
Criterios de puntuación
Se queres gañar, a continuación che damos os criterios que utilizará o xurado para avaliar os vídeos:
1. Ata 10 puntos o vídeo mais votado.
2. Ata 8 puntos a calidade técnica.
3. Ata 6 puntos creatividade.
4. Ata 6 puntos contido informativo e ilustrativo.
Bases do concurso
Consulta as bases do concurso. A participación no presente concurso implica a aceptación das Condicións Xerais deste regulamento.
Podes subir o vídeo de dúas maneiras:
1. Subes o vídeo a youtube, vas ó grupo facebook e linkas o vídeo dende a páxina de youtube.
2. O subes directamente a páxina do grupo facebook. Buscas nesa páxina o icono de “subir vídeo” e segues os pasos que che vaian indicando.