CONCLUSIÓNS SOBRE AS XUNTANZAS DE ABELLEIROS
a) Ponse en marcha:
- Ter un calendario anual e o Centro (EFA) é o lugar idóneo.
- Compartir experiencias e contactos con outros abelleiros.
- Actualizar datos e listado dos abelleiros.
- Avisar con carteis nas comerciais, parroquias, páxina www da EFA, correo electrónico e entre os abelleiros.
b) Pendente:
- Mellorar contido e orde do día.
- Aportar documentación, vídeos...
- Extructurar as xuntanzas por tempos: formación, experiencias e debates.
- De interese a reflexión nun momento do ano.
c) Concretado en anteriores xuntanzas:
- Todo o que se realice ou propoña depende dos propios asistentes.
- Entre os abelleiros non hai vinculación económica nin de asistencia nin de asociación. Só somos un grupo “Amigos das abellas” que queremos compartir experiencias sobre o mundo das abellas.
- Se fose o caso, cando se fale de institucións farase en positivo.
- Mantense as 20.15 horas e como remate ás 21.15. O método é a palabra, comentario de noticias, documentos, vídeos... Antes e despois da xuntanza é o momento para establecer contactos con outros abelleiros e compartir tarefas, se procede, no propio colmear.
- Banco do tempo para o menexo das tecnoloxías informáticas.
- Celebrar, se procede, comida e a patroa dos abelleiros.
OBXECTIVO | |
Non competir senón colaborar con outras organizacións en prol das abellas. |
|
O GRUPO “AMIGOS/AS DAS ABELLAS” | |
1.- Non ten vinculación económica, asociativa, nin de asistencia... 2.- Só falará das abellas. A lista de teléfonos é unha axuda. O grupo decide colgar imaxes na páxina www.efadegalicia.org., un xantar ou cea de abelleiras/os anual e a celebración da Patroa. 3.- De organización: o método é a palabra, avisos vinculados coas abellas, concreción do día, mes, hora para a vindeira xuntanza. |
|
PARA MAIOR INFORMACIÓN FALAR CON: |
|
D. Jaime Antelo (Apicultor) 981 733 200 (Seavia Arixón, Coristanco) Dña. Norbina Gómez (Apicultora) 660 039 544 (Aldemunde, Carballo)
|
|
TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DE 25 DE OUTUBRO 2011 Nota: Agradecer a D. Ricardo por recordar aos despistados da vindeira data para a xuntanza dos “amigos das abellas”. Os temas tratados foron: 1) Despoboamento das colmeas razóns e causas. 2) Diversas técnicas para gardar os cadros no inverno sen ser atacados pola polilla. Chaman a atención os métodos sen tratamentos. 3) Propostas para a mel sen opercular e mel con tratamento. 4) Charla-coloquio por parte de D. Julio López sobre: Produtos da colmea e cata do mel comentada. Despois da mel é cata de mazás. Data o 30 de novembro para os alumnos da EFA Fonteboa e poden asistir abelleiros que o desexen. Pódese traer mel e mazás para catar. Horario de 16.30 -17.30 para produtos da colmea e cata, despois cata de mazás. Os interesados deben avisar por razóns de prazas. O que queira pode poñerse en contacto con D. Ricardo mediante o nº 686926259.
TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DE 6 DE SETEMBRO 2011 Nota: Por erros informáticos non foi posible actualizar esta data. Por esta razón algúns non puideron asistir. Os temas tratados foron: 1) Tratamentos e traballos nesta época 2) Producción, técnicas para sacar mel. 3) A producción varía entre 10litros e 35 litros e a media é de 23 litros. 3) Estudo dunha colmea infestada con varroa. |
|
TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DE 24 DE MAIO DE 2011
1.- Sída e captura de enxamios |
|
TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DO DÍA 22-02-11
1) Instalación dunha abellariza: orientación, lugar e distancias segundo a normativa do Diario Oficial de Galicia (DOGA do 30 de xuño 2009)
|
|
TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA CON DATA 9 - NOVEMBRO 2010
1) O fenómeno do síndrome do despoboamento das colameas. Posibles orientacións, causas e solucións.
TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DO MARTES 28 DE SETEMBRO DE 2010
Os datos da enquisa sen nome é: |
|
TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DE MARTES 22 DE XUÑO 2010
TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DE MARTES 27 DE 2010 1) D. Manuel P. informa sobre as prácticas e situación da apicultura en Arxentina. De interese o método que empregan para a orientar a colmea e colmear, é algo semellante a como atopan os manantiais de auga. 2) Seguen desaparecendo colmeas que eran fortes en setembro e pola contra os núcleos pequenos funcionan. D. Manuel explica a problemática do millo: período de floración, recollida do pole e reservas contaminadas para o inverno. Manuel Moreira informa das charlas de AGA e datas que van nesta liña. 3) O fume de tabaco como desparasitador de piollos, varroa e hixiene. Igualmente a auga de ortiga para as diarreas. 4) Para molestar o mínimo posible realizar un cubre cadros de cristal con antihumidade. 5) Se informa por parte de Jaime da data para a celebración da Patroa das/os abelleiras/os, a data é o xoves 20 de maio. Norbina comenta a realización de velas con cera de opérculos.
|
|
TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DE MARTES 19 DE 2010
1 - Jaime expuxo receitas de propóleo e na vindeira xuntanza concretará máis. 2 O día 18-01-10, Norbina abre dúas colmeas por sospeita en alimentación. Todo estaba mellor do que esperaba e a como invernou. 3 -Fálase criar maestras de: a) Enxamio que foi atacado pola loque, recupérase e leva catro anos producindo e moi forte. b) Enxamio que leva uns catro anos nun pallote, a ras do chan e entre madeiras vellas e aparellos. Se comenta de antes cambialo para unha colmeas se a dona lle apetece. Sácaselle mel polo método máis primario e arcaico. Neste punto, coméntase o interese de asistir algúns cando se realicen ditas actividade para aprender a pasar un enxamio a colmeas ou criar maestras. 4 - Analízase o caso exposto por Antonio, era cera nova con marcas de posta. Se decide polos datos amosados que era unha colmea zanganeira. Se comentas as razóns. 5 Banco do tempo para abelleiras/os, consiste en ensinar o manexo do ordenador: internet, correo electrónico e progresar en mecanografía. Hai uns monitores, alumnos da Efa, que están dispostos a colaborar. Os interesados poñerse en contacto con centro o Jaime e Norbina. 6 -Recoller datos de colmeas con piqueira aberta e pechada. Pódese vincular coa cría e aumento da varroa. 7 - Manuel e Norbina falan da cea-cocido con grelos. Algúns máis apoian dito comentario. Queda para a vindeira xuntanza o concretar, lémbrase que só é para os interesados e con carácter totalmente voluntario. 8 -Para os asintentes novos, son seis, se lembra que só se fala de abellas, pero esté consolidado e só para os que queiran e voluntarioamente: a) Cea de abelleiras/os b) Sacar fotos para colgar na páxina da EFA Fonteboa c) Celebraación da patroa dos abelleiras/os, será o terceiro xoves de maio.
9 - Lémbrase que estamos a poñer en marcha o museo virtual dos abelleiros, e estudo da flora. 10.- Quedou pendente, no encerado, introducir datos de producción e enxamios recollidos.
TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DE 10 DE NOVEMBRO 2009 a) Morren abellas e colmeas dunha área significativa. O motivo é a loque. Realízase limpeza segund200 mts no mes de setembro. As pecoreadoras en número significativo voltan ó seu lugar. As reco o establecido. Nunha colmea bacía e na que morre o enxamio por anterior razón entra un enxamio na primaveira. Produce mel e é un enxamio fantástico. 2.- Roque e Jaime explican o caso dun enxamio nun pendella ou algo similar. Asunto curioso. 3.- Norbina explica que realizará unha velas para o día da celebración da Patroa dos abelleiros. Os que queiran participar entregarlle cera de opérculos. Lembra que é só para o que queira, Norbina, puntualiza, que os gastos son pola súa conta. 4.- No remate da xuntanza, varios falan da ausencia de Indalecio. Por esta causa, esperan que non decaiga a cea do cocido. 5.- Remátase con algunha indicacións sobre: a) Os que queiran poden deixar o teléfono para incorporar á lista. 6.- Para maior información ver www.fonteboa.es (apicultura e álbum de fotos) |
|
NA XUNTAZA DO 28 DE SETEMBRO DE 2009, FALAMOS:
a) As colmeas máis fortes que invernan son as que desaparecen en primaveira ou só queda un puñado delas.
TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DE 6 DE XULLO 2009 |
|
|
|
TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DE 8 DE XUÑO 2009
NA XUNTAZA DO 20 DE ABRIL DE 2009, FALAMOS: 1.- Enxamios:
2.- Hai que seguir con atención a loque e repítese o procedemento para a súa solución. 3.- Cría de maestras e selección:
4.- Don Indalecio comenta a cea e alterntivas son:
5.- Celebración da Patroa dos abelleiras/os, Virxe da Valvanera o xoves 21 de maio de 2009 na efa. Ver programa e moi importante falar con Dona Norbina ou Don Jaime da asisntecia e número. AMIGOS DAS ABELLAS CELEBRACIÓN DA PATROA, VIRXE DA VALVANERA, DAS/OS ABELLEIRA/OS
Xoves día 21 de maio de 2009 Uns/unhas abelleiras/os asistentes á Xuntanza de Abelleiras/os, propoñen: Celebración da Patroa das/os abelleiras/os O acto será a Santa Misa en honor da Patroa, dos difuntos dos asistentes e en especial por D. José Landeira e D Antonio Muñiz. LUGAR:Capela da efa FONTEBOA DATA:un xoves día 21 de maio e ano 2009. HORARIO: a) 20.15 recepción. b) 20.30 preparación do acto. c) 20.40 celebración da Santa Misa. SE VOSTEDE ESTÁ INTERESADA/O É NECESARIO O SEGUINTE: Informar a Don Jaime Antelo con teléfono 981-733200. ou a Dona Norbina Gómez con tefno. 660039544
6.- Don Manuel é o fotógrafo do grupo. No apartado de apicultura, podrá ver apartado pertinente. Lembre que algunhas das intervencións e acción pódense ver nas imaxes.
NA XUNTAZA DO 16 DE MARZO DE 2009, FALAMOS:
NA XUNTAZA DO 26 DE XANEIRO DE 2009, FALAMOS: 1.- Da desaparición das abellas:
2.- Técnicas para recoller polen e conservalo. Vantaxas e inconvenientes para as abellas. 3.- Patroa das abelleiras/os 4.- Aproveitamento da madeira e técnicas para os cadros, tería por obxectivo o de facilitar maior comodidade ás pecoreadoras e abellas en xeral. 5.- O portal de internet. Se propón maior información. Igualmente introducir fotos dos asistentes. Queda en aportalas o fotógrafo oficial do grupos en plan voluntario. 6.- Coméntase a información achegada pola Asociación Galega de Apicultura (AGA) á EFA Fonteboa. O Correo apícola di: "Día do apicultor 2009. O sábado 7 de febreiro en Arzúa". Algúns organizáronse para asistir e economizar gastos, igualmente é un xeito de retroalimentar ao grupo. Agradécese aos órganos de AGA a Documentación achegada. |