VIAXE TÉCNICO PROFESIONAL A FRANCIA
La Vendée (Pays de la Loire). Marzo 2012
Saída: venres 23 de marzo ás 10,00 h
Sábado 24: Visita Finca San José (Huesca)
Domingo 25: Viaxe desde El Grado (Huesca) a La Guyonnière (La Vendée – Pays de La Loire)
Regreso: Venres 30 de marzo ás 17,00 h
OBXETIVOS
- Descubrir a importancia da comunicación entre os agricultores a través das diferentes estructuras asociativas (GAEC, CUMAS, GEDAS, GIES, ...)
- Analizar a evolución e tendencias da actividade agraria na rexión nas diferentes producións (leite, carne, horticultura e producións hor-sol)
- Valorar os sistemas de producción sostibles (economía, medio ambiente e sociedade)
- Coñecer o posicionamento dos profesionais do sector agrario ante as reformas da Política Agroalimentaria da Unión Europea
- Reflexionar sobre a ordenación do territorio e o rol estratéxico da agricultura nas zonas rurais.
CONTIDOS
Visitas técnicas e coloquios sobre os seguintes temas:
- Iniciativas sobre valorización das producións agrarias (transformación das producións en orixe, sistemas de venda alternativos, etc)
- Intercambio de experiencias cos agricultores da rexión sobre as expectativas da agricultura atlántica no horizonte de 2013 (Reforma da PAC, reinvindicacións da PAAC, etc)
- Organización do traballo nas explotacións de leite Investimentos de maquinaria e calidade do traballo nas explotacións
- Actividades complementarias á producción de leite: produccións especializadas e intensivas, exemplos de diversificación, produccións con denominación específica, etc
- CUMAS: Funcionamento interno das CUMAS (tipos, investimentos, organización dos traballos, etc), agrupación de CUMAS e servizos técnicos
- Normativas de ordenación do territorio e protección do medio rural
IMPORTE:
- Socios da Asociación EFA Fonteboa: 370 €
- Non Socios: 390 euros
(Inclue: Viaxe de ida e volta, pensión completa durante a estancia e documentación)
INSCRIPCIÓNS:
Ata o martes 20 de marzo de 2011
CENTRO DE PROMOCIÓN RURAL EFA FONTEBOA
Tlf.: 981 733 051
Fax.: 981 734 097
Email: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
www.fonteboa.es
www.efagalicia.org
ASPECTOS A TER EN CONTA:
Levar DNI e Tarxeta Sanitaria
Cámara de Fotos
Libreta ou carpeta
Block-libreta pequena
A comida (picnic) do venres 23 vai por conta propia