VIAXE TÉCNICO PROFESIONAL A FRANCIA
La Vendée (Pays de la Loire). Marzo 2014
PROGRAMA
- Saída: Venres 7 de marzo ás 10,00 h
- Sábado 8: Visita a Granja San José (Tamarite de la Litera – Huesca)
- Domingo 9: Viaxe desde El Grado (Huesca) a La Guyonnière (La Vendée – Pays de La Loire), con visitas guiadas ao santuario de Lourdes e a cidade de Pau (Pyrenées Atlantiques – Aquitaine)
- Luns, Martes, Mércores e Xoves: Programa de traballo (ver obxetivos e contidos)
- Regreso: Venres 14 de marzo ás 14,00 h.
OBXECTIVOS:
- Descubrir iniciativas sobre valorización da produción de leite para a mellora da eficiencia productiva
- Analizar modelos de asociacionismo e de cooperación entre agricultores
- Estudar os modelos de xestión de maquinaria: Cumas e empresas de servizos agrarios
- Coñecer iniciativas de diversificación das producións como vía para a sustentabilidade da empresa
- Intercambiar cos profesionais da rexión sobre os escenarios de produción a partir de 2015 (supresión das cotas)
CONTIDOS:
Visitas técnicas e coloquios sobre os seguintes temas:
- Iniciativas sobre valorización das producións agrarias: transformación en orixe, sistemas de venda alternativos…
- CUMAS (constitución, xestión, innovacións en maquinaria…)
- Integración das empresas agrarias en estructuras asociativas: Grupos de Estudo e Desenvolvemento Agrario, Grupos de Interese Económico, Cooperativas de aprovisionamentos e de comercialización
- Diversificación das producción na empresa agraria: leite, producións intensivas, producións tradicionais e locais, aproveitamento dos recursos xerados na explotación.
- Escenarios de futuro para as explotacións agrarias ante as esixencias da PAC 2014 – 2020: Esixencias e alternativas
- As funcións da actividade agraria no medio rural: produción de alimentos, función ambiental, territorial e social
- A produción de leite a partires de 2015
- Patrimonio rural e a súa posta en valor
IMPORTE:
- Socios da Asociación EFA Fonteboa: 390 €
- Non Socios: 420 €
- (Inclue: Viaxe de ida e volta, pensión completa durante a estancia e documentación)
INSCRIPCIÓNS:
Ata o mèrcores 5 de marzo de 2014
Ingresar o importe da viaxe en:
Novacaixagalicia Oficina de Coristanco
Nº Conta: ES91 2080 0071 20 3040001354da Asociación EFA Fonteboa
CENTRO DE PROMOCIÓN RURAL EFA FONTEBOA
Tlf.: 981 733 051
Fax.: 981 734 097
Email: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
www.fonteboa.es
www.efagalicia.org
CENTRE DE FORMATION ET PROMOTION MESLAY
85600 La Guyonnière (France)
Tlf.: 00 33 2-51488484
ASPECTOS A TER EN CONTA:
- Levar DNI e Tarxeta Sanitaria
- Cámara de Fotos
- Libreta ou carpeta grande
- Block-libreta pequena de peto
- A comida (picnic) do venres 15 vai por conta propia