Clausura do curso 2014-15. EFA Fonteboa
O sábado 13 de xuño tivo lugar en Fonteboa a Clausura oficial do curso 2014 -15. Como en edicións anteirores, foi unha xornada de convivencia na que destacaron os valores institucionais, e se homeaxearon ao alumnos que rematan a súa Formación Profesional: 16 de CFGM de Produción Agropecuaria e 12 de CFGS Xestión e Organización de Empresas Agropecuarias.
Os actos comenzaron cunha Misa, na capela da EFA, oficiada polo capelán do centro, José Araluce. A continuación, as 13,00 h., o acto instiucional coa presencia dos alumnos que rematan a formación, as respectivas familias e colaboradores da formación (empresas agrarias, agroalimentarias e de servizos), así como variados respresentantes instiucionais. Cun protocolo serio e estudado, pero ao mesmo tempo impregnado dun ambiente de camaradería, foron desenvolvéndose os distintos apartados do programa.
Abriu o acto o Presidente da Asociación EFA Fonteboa, Juan Camafreita; a continuación, o director, Luis García, glosou os temas máis destacados do curso que remata. Antes da entrega de diplomas, José Manuel Collazo, xerente de Ferrocar (empresas apadriñadora este ano) tivo unhas dirixidas aos alumnos apadriñados. A continuación interviron Isabel Varela, nai de alumno, e Damián Cambeiro, alumno de CFGS; ámbolos dous, cada un desde a súa perspectiva, destacaron los valores educativos do proxecto educativo da EFA e tansmitiron o seu agradecemento a todas as persoas que durante estes anos se implicaron na formación.
No capítulo das distincións este ano correspondeulle a Autocares Rey Varela (40 anos de servizo na EFA) e aos programas O Agro – Labranza, da TVG, en recoñecemento da súa traxectoria de difusión das innovacións nos ámbitos agrario e rural. Recolleu a distinciaón o disrectos destes programas Manuel Cruz.
O acto institucional rematou coa intervención do presidente da Federación de EFA de Galicia Gariel Tirapu, e o canto del himno galego por todos os asistentes. Posteriormente houbo un buffet nas instalación do centro.
PRENSA:
"Doce jóvenes acaban el ciclo superior agropecuario, que intentará mantener Fonteboa"